Euskaltel-Euskadi
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
O Euskaltel-Euskadi (oficialmente Fundación Ciclista Euskadi - Euskadiko Txirrindularitza Iraskundea), é un equipo ciclista profesional español que participa no UCI ProTour. A día de hoxe, é o equipo que máis anos leva nas estradas a nivel mundial, xunto con outros como Lampre ou T-Mobile. Tamén participa nalgunhas carreiras do Circuíto Continental. O seu código de equipo da UCI é EUS.
O director xeral do equipo desde a súa fundación é Miguel Madariaga, actualmente axudado polo secretario técnico Igor González de Galdeano. Os directores do equipo son Jon Odriozola, Gorka Gerrikagoitia e Xabier Carbayeda.
Os seus principais patrocinadores son a empresa vasca de telecomunicacións Euskaltel e o Goberno Vasco baixo a marca Euskadi, patrocinando ó País Vasco.
Historia do equipo
[editar | editar a fonte]Fundouse o 17 de xuño de 1993 baixo o nome de Fundación ciclista de Euskadi coa intención de fomentar, promocionar e divulgar o ciclismo e a canteira vasca, co apoio institucional do Goberno Vasco. Actualmente ten o patrocinio da empresa de telecomunicacións Euskaltel, empresa coa que seguirá ata finais do 2010. O equipo Orbea fai ás veces de filial, tendo un pacto de colaboración e de formación de corredores, que foi renovado a finais de 2006 e vixente ata 2008.
Entre os ciclistas que forman ou formaron parte do seu cadro de corredores están algúns tan importantes como Igor González de Galdeano, Joseba Beloki, Iban Mayo, Aitor González, Roberto Laiseka (retirado da actividade deportiva por culpa dunha inoportuna lesión no xeonllo, froito dunha caída no Giro de Italia de 2006), Haimar Zubeldia ou Samuel Sánchez (estes dous últimos actualmente no equipo).
En 2006 logrou un total de 11 vitorias, destacando as logradas na Vuelta a España por Igor Antón e Samuel Sánchez, ademais das vitorias ProTour na Dauphiné Libéré de Iban Mayo, no GP de Zurich de Samuel Sánchez, e tamén as 2 etapas na Volta ó País Vasco do propio Samuel Sánchez. Tamén destaca a vitoria de David Herrero nunha etapa da Euskal Bizikleta.
Vitorias en 2007
[editar | editar a fonte]UCI ProTour
Datas | Carreiras | Gañador |
20 de marzo | 7ª etapa da Tirreno-Adriático | Koldo Fernández |
14 de abril | 6ª etapa da Volta ó País Vasco | Samuel Sánchez (CRI) |
5 de maio | 4ª etapa do Tour de Romandía | Igor Antón |
27 de maio | 7ª etapa da Volta a Catalunya | Samuel Sánchez |
Circuíto Continental
Datas | Carreiras | Gañador |
15 de febreiro | Trofeo Palmanova (Challenge a Mallorca) | Unai Etxebarria |
Cadro de xogadores en 2007
[editar | editar a fonte]Nome | Nacemento | Nacionalidade | Equipo 2006 |
Igor Antón | 02.03.1983 | España | Euskaltel-Euskadi |
Mikel Astarloza | 17.11.1979 | España | Ag2r Prévoyance |
Unai Etxebarria | 21.11.1972 | Venezuela | Euskaltel-Euskadi |
Aitor Galdós | 08.11.1979 | España | Ceramica Panaria |
Dionisio Galparsoro | 13.08.1978 | España | Kaiku |
Aitor Hernández | 24.01.1982 | España | Euskaltel-Euskadi |
Iñaki Isasi | 20.04.1977 | España | Euskaltel-Euskadi |
Andoni Lafuente | 06.09.1985 | España | (debuta como profesional) |
Iñigo Landaluze | 09.05.1977 | España | Euskaltel-Euskadi |
Iban Mayo | 30.09.1981 | España | Euskaltel-Euskadi |
Rubén Pérez | 30.10.1981 | España | Euskaltel-Euskadi |
Samuel Sánchez | 05.02.1978 | España | Euskaltel-Euskadi |
Amets Txurruka | 10.11.1982 | España | Barloworld |
Unai Uribarri | 28.02.1984 | España | Euskaltel-Euskadi |
Gorka Verdugo | 04.11.1978 | España | Euskaltel-Euskadi |
Haimar Zubeldia | 01.04.1977 | España | Euskaltel-Euskadi |