Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Ezkurra

Modelo:Xeografía políticaEzkurra
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°05′05″N 1°51′44″O / 43.084722222222, -1.8622222222222
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra Editar o valor en Wikidata
CapitalEzkurra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación143 (2023) Editar o valor en Wikidata (5,96 hab./km²)
Lingua oficiallingua éuscara (zona lingüística)
lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie24 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude525 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJulián Gogorza Jauregui Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31749 Editar o valor en Wikidata
Código INE31102 Editar o valor en Wikidata

Ezkurra é un concello de Navarra, situado no Meiriñado de Pamplona, na comarca de Malerreka, a 58 km de Pamplona. A súa poboación en 2014 foi de 152 habitantes segundo o INE.[1] É o concello navarro con máis porcentaxe de euscaldunas.

Topónimo

[editar | editar a fonte]

Ezkur significa landra en lingua éuscara, polo que ezkurra significaría, literalmente, a landra. Crese que o topónimo fai referencia á abundancia de árbores que daban este froito no lugar onde se situou a poboación. Os naturais da vila de Ezkurra denomínanse ezkurrares.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Localización

[editar | editar a fonte]

A localidade de Ezkurra fica situada na parte noroeste da Comunidade Foral de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra, na comarca xeográfica dos Vales Cantábricos, no val de Basaburúa Menor e a unha altitude de 525 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 23,82 km² e limita ao norte co concello de Goizueta, ao leste co de Eratsun, ao sur co de Basaburua e ao oeste co de Leitza.

Política

[editar | editar a fonte]
Lista de alcaldes
Mandato Nome do alcalde Partido político
2003-2007 Martín Gastearena Balda Idoia
2007-2011 Julián Gogorza Jauregui Idoia
2011- Julián Gogorza Jauregui Idoia
  1. "Cifras de poboación referidas ao 1/1/2013". Consultado o 23 de xullo de 2015.