Felinos
Felinos Felinae Rango fósil: mioceno - actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lynx lynx, o lince común ou euroasiático | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Distribución dos felinos
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
A dos felinos (Felinae) é unha subfamilia de mamíferos carnívoros, a máis importante das dúas que integran a familia dos félidos, xa que inclúe 13 dos 18 xéneros desta.
Distribución
[editar | editar a fonte]Os representantes desta subfamilia áchanse amplamente distribuídos por todo o mundo e só faltan de forma natural nas rexións polares, Madagascar, Australia e algunhas illas oceánicas.
O gato doméstico, pertencente a esta subfamilia, foi introducido en varios destes lugares de forma voluntaria ou involuntaria, converténdose facilmente en bravo (asilvestrado) e causando un grave impacto entre as faunas endémicas.
Características
[editar | editar a fonte]Os felinos alcanzan tamaños comprendidos entre os 50–60 cm do gato de patas negras (Felis nigripes) e os case 2 m que pode acadar o representante máis grande, o puma (Puma concolor).
Todos son eficientes cazadores dotados de garras totalmente retráctiles (agás o guepardo), pero son incapaces de ruxir como os membros da subfamilia dos panterinos porque, ao contrario que estes, teñen unha garganta totalmente osificada.
Todas as especies son solitarias, aínda que algunhas toleran con maior facilidade que outras a presenza doutros membros da súa especie no seu territorio.
En catividade producíronse con éxito diferentes tipos de híbridos, tanto dentro dun mesmo xénero e tamén, máis raramente, entre xéneros distintos. Logrouse cruzar o puma con éxito incluso cun membro da outra subfamilia (a dos panterinos), o leopardo, producindo uns híbridos chamados pumapardos. Os descendentes destes cruces son estériles en todos os casos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A subfamilia foi descrita en 1817 polo anatomista e paleontólogo alemán, nacionalizado ruso, Johann Fischer von Waldheim, en Mém. Soc. Imp. Nat. Moscow, 5: 372.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Felinae, está formao polo elemento fel-, raíz do seu xénero tipo, Felis, coa adición do sufixo -ĭnae, propio das subfamilias de animais.
Clasificación
[editar | editar a fonte]- Subfamilia Felinae Fischer de Waldheim, 1817.[1]
- Xénero Acinonyx Brookes, 1828
- Acinonyx jubatus Schreber, 1775 - guepardo
- Xénero Caracal Gray, 1843
- Caracal caracal (Schreber, 1776) - caracal. Véxase máis abaixo "Unha taxonomía moi discutida: Caracal e Profelis".
- Xénero Catopuma Severtzov, 1858
- Catopuma badia Gray, 1874 - gato vermello de Borneo
- Catopuma temminckii Vigors & Horsfield, 1827
- Xénero Felis Linnaeus, 1758
- Felis bieti Milne-Edwards, 1892 - gato chinés do deserto, gato montés chinés ou gato de Biet.
- Felis catus Linnaeus, 1758 - gato doméstico; a UICN considérao unha subespecie de Felis silvestris (Felis silvestris catus).[2]
- Felis chaus Schreber, 1777 - gato selvático, gato da xungla ou gato do pantano
- Felis margarita Loche, 1858 - gato do deserto
- Felis nigripes Burchell, 1824 - gato de pés negros
- Felis silvestris Schreber, 1775 - gato montés euroasiático
- Xénero Leopardus Gray, 1842
- Leopardus braccatus Cope, 1889 - gato do Pantanal
- Leopardus colocolo Molina, 1782 - gato colocolo
- Leopardus geoffroyi - gato montés suramericano ou gato de Geoffroy
- Leopardus guigna - kodkod ou huíña
- Leopardus jacobitus - gato de montaña ou gato andino
- Leopardus pajeros - gato das pampas ou gato palleiro
- Leopardus pardalis - ocelote
- Leopardus tigrinus - leopardo tigre
- Leopardus wiedii - tigrillo, margai
- Xénero Leptailurus
- Leptailurus serval - serval
- Xénero Lynx
- Lynx canadensis - lince do Canadá
- Lynx lynx - lince boreal
- Lynx pardinus - lince ibérico
- Lynx rufus - lince vermello ou gato montés de Norteamérica
- Xénero Otocolobus
- Xénero Pardofelis
- Pardofelis marmorata - gato xaspeado
- Xénero Prionailurus
- Prionailurus bengalensis
- Prionailurus bengalensis iriomotensis - gato de Iriomote
- Prionailurus planiceps - gato de cabeza plana
- Prionailurus rubiginosus - gato ferruxento
- Prionailurus viverrinus - gato pescador
- Xénero Profelis Severtzov, 1858 - Discutido nos últimos anos por numerosos autores. Véxase máis abaixo.
- Profelis aurata (Temminck, 1827) - Reclasificado hoxe por numerosos autores como Caracal aurata. Véxase máis abaixo.
- Xénero Puma
- Puma concolor - puma
- Puma yagouaroundi Geoffroy Saint-Hilaire, 1803 - xaguarundi ou gato lontra
- Xénero Acinonyx Brookes, 1828
Unha taxonomía moi discutida: Caracal e Profelis
[editar | editar a fonte]Durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, o caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.[3][4] Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.[5]
Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados.[6] E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal.[7]
Este criterio foi aceptado polos autores da lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para Caracal aurata.[8] Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies:
- Caracal aurata
- Caracal caracal - o caracal
Porén, aínda hoxe moitos autores recoñecen a Profelis como xénero independente.
Filoxenia
[editar | editar a fonte]Árbore filoxenética dos xéneros da subfamilia dos Felinae.[9][10]
Felinae |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Wilson, Don E. & Reeder, Dee Ann M., eds. (2005): Felinae en Mammal Species of the World.
- ↑ Sanderson, J.; Mallon, D.P.; Driscoll, C.; Breitenmoser, U. & Breitenmoser-Wursten, C. (2008): Felis silvestris ssp. catus Arquivado 24 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. na Lista Vermella da IUCN. Versión do 2010.4
- ↑ Caracal caracal no MSW.
- ↑ Caracal Gray, 1843 no ITIS.
- ↑ Ray, J. & Butynski, T. "Profelis aurata". In: J. S. Kingdon et al., eds. (2013): Mammals of Africa. Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-2257-0. Consultado o 14 de outubro de 2018.
- ↑ Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J., Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late Miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science 311: 73-77. Consultado o 14 de outubro de 2018.
- ↑ Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J.; Antunes, A.; Teeling, E.; O'Brien, S. J. (2006). "The Late Miocene Radiation of Modern Felidae: A Genetic Assessment". Science 311 (5757): 73–7. PMID 16400146. doi:10.1126/science.1122277. Consultado o 14 de outubro de 2018.
- ↑ Bahaa-el-din, L.; Mills, D.; Hunter, L. & Henschel, P. (2015). "Caracal aurata". The IUCN Red List of Threatened Species (IUCN) 2015: e.T18306A50663128. doi:10.2305/IUCN.UK.2015-2.RLTS.T18306A50663128.en. Consultado o 14 de outubro de 2018.
- ↑ Stephen O'Brien & Warren Johnson (2008): "L'évolution des chats". Pour la science| 366. Base adp en W. Johnson et al. (2006): "The late Miocene radiation of modern felidae: a genetic assessment". Science 311 e C. Driscoll et al (2007): "The near eastern origin of cat domestication". Science 317
- ↑ La famille des chats Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en francés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Felinos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Felinos |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Felino |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Seidensticker, John & Susan Lumpkin (1991): Great Cats. Majestic Creatures of the Wild. Emmaus, Pensilvania, USA: Rodale Books, Inc. ISBN 978-1-875137-90-9.
- Wilson, Don E. & Reeder, Dee Ann M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Felinae. Small cats ('gatos pequenos') na ADW.
- Felinae Arquivado 02 de decembro de 2018 en Wayback Machine. en Tree of Life.
- Felinae no NCBI.