Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Fenosa

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fuerzas Eléctricas del Noroeste

Transformador de Fenosa en Toén
TipoSociedade anónima
Fundación1943
LocalizaciónA Coruña, España
Persoas clavePedro Barrié de la Maza
IndustriaElectricidade
ProdutosElectricidade
Número de empregados+1.000
Na rede
http://www.gasnaturalfenosa.es/html/esp_hogar/home_hogar/index.html?id=gl
BNE: XX114188
editar datos en Wikidata ]

Fuerzas Eléctricas del Noroeste, S.A., (en galego Forzas Eléctricas do Noroeste), máis coñecida polas súas siglas en español Fenosa, foi fundada na Coruña en 1943 polo empresario Pedro Barrié de la Maza, co obxectivo de reunir as compañías do sector que posuía a través de varias sociedades: algunhas xestionadas polo Banco Pastor (que era da súa propiedade), como Sociedad General Gallega de Electricidad (que xestionaba a expropiada Electra Popular Coruñesa); e outras baixo o seu mando directo, como Fábrica de Gas y Electricidad.[1]

A intervención da ditadura foi decisiva no nacemento e expansión de Fenosa, creada en 1943. A orixe de Fenosa procede dun suceso relacionado co golpe de Estado. A compañía Electra Popular Coruñesa era a máis implantada en Galicia e propiedade de José Miñones Bernárdez, empresario e deputado republicano. Miñones foi fusilado poucos meses despois da sublevación militar e o novo réxime apropiouse das súas empresas, como aconteceu con tantas persoas represaliadas pola ditadura. Electra Popular Coruñesa foi adxudicada polos órganos do franquismo a Barrié de la Maza. Este fusionouna coas sociedades que controlaba para constituír Fenosa.[2]

A fidelidade do fundador ao réxime de Franco foi premiado polo xeneral Franco a Barrié, que foi nomeado en 1955 Conde de Fenosa, o único caso dun título dado para homenaxear un empresario.[3][4]

Concedido o monopolio polo réxime, permitiu o desenvolvemento da empresa en todo o país ao longo de 1960 e 1970, culminando na súa fusión coa Unión Eléctrica Madrileña en 1983 para formar a poderosa Unión Eléctrica Fenosa.[5]

  1. Asociación Galega do Patrimonio Industrial. "244 Salto de Güimil". Consultado o 25 de agosto de 2015. [Ligazón morta]
  2. Bosch, Joaquim (2022). La patria en la cartera. Pasado y presente de la corrupción en España (en castelán). Ariel. p. 67. ISBN 978-84-344-3478-3. 
  3. Ponte, José Manuel. "Un conde y una condesa" (en castelán). Faro de Vigo. Consultado o 25 de agosto de 2015. 
  4. Zurdo, David; Gutiérrez, Ángel (2005). La vida secreta de Franco: el rostro oculto del dictador (en castelán). EDAF. p. 234. ISBN 8441417067. 
  5. R. Casado. Expansión, ed. "Kilovatio a golpe de fusión" (en castelán). Consultado o 23 de agosto de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]