Festa dos Reis na Mezquita
A Festa dos Reis é unha festividade, incluída dentro dos festexos do entroido, que se celebra nos primeiros días de xaneiro nalgunhas aldeas do concello da Mezquita.
Características
[editar | editar a fonte]O calendario festivo consta de cinco xornadas, que poden variar en nome e data:
- Cantar os reis: o primeiro día anúnciase a festa cantando coplas tradicionais diante das vivendas das aldeas.
- O día de pedir: neste segundo día, os zamarreiros chaman ás portas das casas para pedir o aguinaldo. A veciñanza adoita axudar a festa con carne de porco, froita, licores ou mesmo cartos.
- Os invitados: convídase a comer ós persoeiros da aldea (tradicionalmente o alcalde, o médico, o secretario e mailo cura) así como ós convidados dos participantes na festa e ós homes que deron un bo aguinaldo.
- A corrida do galo: no cuarto día, subidos a burros ou cabalos, os mozos da festa sacrificaban os galos, tirándolles da cabeza, mentres están pendurados dunha corda polas patas.
- A parranda: faise unha procesión onde figuran un rei e un vicerrei, disfrazados con barba, coroa e capa. Pola noite escóllense os reis para os dous anos seguintes.
Ademais, chámaselle oficio á tarefa que teñen que desenvolver algúns membros da comunidade durante a festa: habitualmente son os máis novos ou aqueles que destacan por teren algunha habilidade concreta. Por exemplo, os que son bos tratantes son os encargados de comprar os galos. Sen o correcto cumprimento dos oficios sería totalmente imposible a realización da festa pois os reis non serían capaces de facelo todo. Para os máis mozos supón unha metáfora da súa incorporación activa á vida da aldea. Algúns oficios son o de zamarreiro, o de roubar as verzas, o de arrincar os torgos, o de camareiro ou o de burriqueiro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Elijio Rivas, José Rodríguez Cruz: Terra das Frieiras, Ourense: Deputación Provincial , 2002 ISBN. 84-96011-07-0
- O Sil. Decembro 2008. Especial Nadal 2008. Edición impresa.
- La Región, 24 de xaneiro de 2010, Suplemento Vida, páxina 26. "Tradicional Fiesta de Reyes en A Mezquita"
- Xerardo Dasairas: O Entroido en Terras de Monterrei. Edicións do Cumio, 1990.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "A Festa dos Reis da Mezquita, a primeiros de xaneiro, presenta relacións con ritos do Entroido", artigo en O Sil, 7 de febreiro de 2005.
- "A Festa dos Reis da Mezquita, a primeiros de xaneiro, presenta elementos propios do Entroido", artigo en O Sil, 6 de marzo de 2006.
- "A Festa dos Reis reuniu a comenzos de ano a medio cento de veciños da Mezquita en torno á festa", artigo en O Sil, 1 de febreiro de 2008.