Finalissima 2022
Nome na lingua orixinal | (en) 2022 Finalissima | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Tipo | Copa de Campións CONMEBOL–UEFA | ||||||
Deporte | fútbol | ||||||
Organizador | Confederación Sudamericana de Fútbol | ||||||
Participantes | |||||||
Localización e Datas | |||||||
Localización | Wembley Stadium (Brent (pt) ) 51°33′20″N 0°16′46″O / 51.5556, -0.2794 | ||||||
País | Reino Unido | ||||||
Número de edición | 3 (2022) | ||||||
Competición | |||||||
| |||||||
Árbitro | Piero Maza (pt) | ||||||
Primeiro posto | Arxentina | ||||||
A Finalissima 2022 foi a terceira edición da Copa de Campións CONMEBOL–UEFA, un partido de fútbol entre os gañadores da última Copa América e a última Eurocopa. O partido enfrontou a Italia, gañadora da Eurocopa de 2020 (celebrada en 2021), contra a Arxentina, gañadora da Copa América 2021. Xogouse no estadio de Wembley de Londres, o 1 de xuño de 2022. O partido, un renacemento da antiga Copa Artemio Franchi disputada por última vez 29 anos antes, foi organizado pola UEFA e a CONMEBOL como parte dunha renovada colaboración entre as dúas confederacións. A selección arxentina conseguiu a vitoria por 3-0, facéndose así co seu segundo título.[1]
Contexto
[editar | editar a fonte]En 1985 e 1993, os vencedores dos torneos da Eurocopa e da Copa América disputaron a Copa Artemio Franchi, un torneo a partido único organizado pola UEFA e a CONMEBOL.[2] Era a competición de seleccións nacionais equivalente á Copa Intercontinental de clubs, disputada entre os gañadores da Copa de Europa/Liga de Campións da UEFA e da Copa Libertadores. A selección de Francia gañou a edición de 1985 en París, mentres que a Arxentina gañou o partido de 1993 en Mar del Plata. Con todo, a competición interrompeuse tras esa segunda edición.[3] A Copa Artemio Franchi pódese considerar un antecedente da Copa do Rei Fahd/Copa Confederacións da FIFA, disputada por primeira vez en 1992 e organizada pola FIFA desde 1997, que enfrontaba aos campións dos torneos continentais e da Copa do Mundo da FIFA.[4] Dita competición foi abolida trala edición de 2017.[5]
O 12 de febreiro de 2020, a UEFA e a CONMEBOL asinaron un novo memorando de entendemento, co obxectivo de mellorar a cooperación entre as dúas organizacións. Como parte do acordo, unha comisión mixta da UEFA e da CONMEBOL examinou a posibilidade de organizar partidos intercontinentais entre Europa e América do Sur, tanto para o fútbol masculino como para o feminino e entre varios grupos de idade.[6] O 28 de setembro de 2021, a UEFA e a CONMEBOL confirmaron que os gañadores da Eurocopa e da Copa América se enfrontarían nun partido intercontinental, cun acordo que abarcaría inicialmente tres edicións a partir de 2022. O 15 de decembro de 2021, a UEFA e a CONMEBOL asinaron de novo un memorando de entendemento renovado ata 2028, que incluía disposicións específicas sobre a apertura dunha oficina conxunta en Londres e a posible organización de varios eventos de fútbol. Confirmouse que o partido tería lugar no estadio de Wembley de Londres o 1 de xuño de 2022.[7][8] Ademais anunciouse que o novo nome da Copa Artemio Franchi sería "Copa de Campións CONMEBOL–UEFA".[9]
Equipos
[editar | editar a fonte]Equipo | Confederación | Cualificación | Participacións previas (en negra gañadores) |
Clasificación FIFA (marzo 2022)[10] |
---|---|---|---|---|
Italia | UEFA | Gañadores da Eurocopa de 2020 | Ningún | 6 |
Arxentina | CONMEBOL | Gañadores da Copa América 2021 | 1 (1993) | 4 |
Italia clasificouse para o partido grazas á súa vitoria na Eurocopa de 2020 (celebrada en 2021), na que derrotou a Inglaterra na quenda de penaltis da final, tamén celebrada en Wembley, no que foi o segundo título da Eurocopa para o conxunto italiano.[11] Arxentina clasificouse ao gañar a Copa América 2021, derrotando na final ao Brasil por 1-0, conseguindo o seu 15º título da Copa América e o primeiro en 28 anos.[12][13]
Sede
[editar | editar a fonte]O partido celebrouse no estadio de Wembley de Londres, Inglaterra.[14] O estadio de Wembley foi inaugurado en 2007, no lugar do estadio orixinal, cuxa demolición tivo lugar entre 2002 e 2003.[15][16] Propiedade da Asociación Inglesa de Fútbol (FA), serve como estadio nacional de fútbol de Inglaterra. O estadio foi sede da Eurocopa 2020 e albergou a final desta, gañada por Italia nos penaltis ante a propia Inglaterra. O estadio orixinal, antes coñecido como Empire Stadium, abriu en 1923 e acolleu partidos do Mundial de 1966, entre eles a final, na que Inglaterra derrotou a Alemaña Occidental por 4-2 despois da prórroga. Albergou tamén partidos da Eurocopa de 1996, incluíndo a final, na que Alemaña derrotou á República Checa. Wembley tamén acolle a final anual da FA Cup dende 1923 (excepto nas edicións de 2001 a 2006, cando o estadio estaba sendo reconstruído).[17]
Cadros de xogadores
[editar | editar a fonte]As dúas seleccións tiveron que presentar un cadro de xogadores de 23 membros, dos cales tres debían ser porteiros, antes do 29 de maio de 2022, tres días antes do partido.[18]
Italia
[editar | editar a fonte]Italia anunciou un equipo preliminar de 39 homes o 23 de maio de 2022.[19] O 27 de maio ampliouse a 45 xogadores, con oito futbolistas máis, mentres que Domenico Berardi e Andrea Pinamonti quedaron fóra da lista por lesión.[20] O equipo definitivo anunciouse o 30 de maio.
- Equipo de Italia
- Adestrador: Roberto Mancini
Arxentina
[editar | editar a fonte]Arxentina anunciou un primeiro equipo de 35 homes o 13 de maio de 2022.[21] O 20 de maio reduciuno a 29 xogadores.[22] O equipo definitivo anunciouse o 1 de xuño.
- Equipo da Arxentina
- Adestrador: Lionel Scaloni
Previa do partido
[editar | editar a fonte]Identidade
[editar | editar a fonte]O 22 de marzo de 2022 a UEFA revelou que o nome do partido sería Finalissima ("finalísima" en italiano). O logotipo baséase na coroa de loureiro, símbolo de excelencia e vitoria. Presenta cintas coas cores das nacións competidoras, a Tricolore de Italia á esquerda e a Albiceleste da Arxentina, que se unen arredor do trofeo da competición. Ademais, conta con varias cintas en platino e ouro, os metais máis preciosos, destinadas a resaltar o significado do partido. Segundo a UEFA, os lazos "simbolizan os fortes vínculos entre a CONMEBOL e a UEFA, e o seu compromiso co desenvolvemento do fútbol máis aló das súas zonas xeográficas".[9]
Entradas
[editar | editar a fonte]A capacidade do estadio foi de 86.000 espectadores para o partido, con entradas vendidas aos afeccionados e ao público en xeral por orde de chegada a través de UEFA.com . Dispoñibles a partir do 24 de marzo de 2022, as entradas estaban dispoñibles en catro categorías de prezos: 25 £, 40 £, 55 £ e 99 £.[23]
Árbitros
[editar | editar a fonte]O 30 de maio de 2022, anunciouse que o árbitro do partido sería o chileno Piero Maza, de 37 anos, designado conxuntamente pola CONMEBOL e a UEFA.[24] Maza é árbitro da FIFA desde 2018,[25] aínda que o partido foi o seu primeiro encontro internacional sénior como árbitro.[26] Con todo, Maza xa actuara anteriormente como cuarto árbitro e asistente de VAR na Copa América 2019,[27] así como como no VAR da Copa Mundial Sub-17 de 2019.[28] Acompañárono como xuíces de liña os seus compatriotas Christian Schiemann e Claudio Ríos. O árbitro español Jesús Gil Manzano exerceu como cuarto árbitro, sendo os seus compatriotas Alejandro Hernández Hernández e Juan Martínez Munuera dous dos encargados do VAR. O portugués Tiago Martins foi o outro asistente do VAR.[29]
Partido
[editar | editar a fonte]Detalles
[editar | editar a fonte]Italia | 0 – 3 | Arxentina | 1 de xuño de 2022, 20:45 CEST – Wembley, Londres Asistencia: 87 112 Árbitro: Piero Maza |
Informe |
Lautaro 28' Di María 45+1' Dybala 90+4' | ||
Italia
|
Arxentina
|
|
|
Xogador do partido:
Árbitros asistentes:
|
Regras do partido
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Irigoyen, Juan I. (1 de xuño de 2022). "Argentina silencia a Italia en La Finalissima". El País (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Worldwide football network". UEFA (en inglés). 1 de xaneiro de 2011. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "UEFA. 60 years at the heart of football" (PDF). UEFA (en inglés). 2014. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ Carter, Jon (5 de xuño de 2009). "A troubled tournament looks forward" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "FIFA Council votes for the introduction of a revamped FIFA Club World Cup". FIFA (en inglés). 15 de marzo de 2019. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "UEFA and CONMEBOL renew Memorandum of Understanding to enhance cooperation". UEFA (en inglés). 12 de febreiro de 2020. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "UEFA and CONMEBOL renew and extend Memorandum of Understanding". UEFA (en inglés). 15 de decembro de 2021. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "European and South American champions meet in ‘Finalissima’ Wembley showdown". UEFA (en inglés). 22 de marzo de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ 9,0 9,1 "Finalissima 2022, Italy vs Argentina: Brand identity revealed". UEFA (en inglés). 22 de marzo de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Clasificación de seleccións da FIFA". FIFA (en inglés). 31 de marzo de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Italy 1-1 England, aet (3-2 on pens): Donnarumma the hero as Azzurri win EURO 2020!". UEFA (en inglés). 11 de xullo de 2021. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Argentina stun Brazil in Copa América final to end 28-year trophy drought". The Guardian (en inglés). 10 de xullo de 2021. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Finalissima 2022: Meet winners Argentina". UEFA (en inglés). 22 de marzo de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Finalissima 2022, Italy vs Argentina venue guide: Wembley Stadium, London". UEFA (en inglés). 1 de xuño de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Final whistle for Wembley's towers". BBC (en inglés). 1 de setembro de 2016. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Gates' Microsoft Becomes Wembley Stadium Backer". Forbes (en inglés). 20 de outubro de 2005. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Sede de la Finalissima 2022 entre Italia - Argentina: Wembley Stadium, Londres". UEFA (en castelán). 1 de xuño de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Italy vs Argentina 2022 Finalissima preview: Where to watch, kick-off time, predicted line-ups". UEFA (en inglés). 26 de maio de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Trentanove convocati per le gare di giugno: torna Spinazzola, prima chiamata per Frattesi e Pinamonti". Federación Italiana de Fútbol (en italiano). 23 de maio de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Inizia il raduno a Coverciano. Mancini: “Bisogna ripartire, ci sono giovani dal grande futuro”". Federación Italiana de Fútbol (en italiano). 27 de maio de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "El entrenador Lionel Scaloni dio a conocer la prelista de convocados para el viaje del equipo nacional. El próximo fin de semana se publicará la nómina definitiva.". Twitter (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "El entrenador @lioscaloni dio a conocer la nómina definitiva de futbolistas para el viaje a Europa.". Twitter (en castelán). 20 de maio de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Finalissima 2022 tickets sold out: Wembley to host Italy vs Argentina". UEFA (en inglés). 22 de marzo de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Finalissima 2022, Italy vs Argentina: All you need to know". UEFA (en inglés). 1 de xuño de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Lista de árbitros internacionais da FIFA" (PDF). FIFA (en inglés). 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Partidos arbitrados por Piero Maza". worldfootball.net (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Árbitros convocados para la CONMEBOL Copa América – Brasil 2019". Confederación Suramericana de Fútbol (en castelán). 21 de marzo de 2019. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Lista de árbitros da Copa do Mundo sub-17 de 2019" (PDF). FIFA (en inglés). 21 de agosto de 2019. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ "Árbitros confirmados para la Finalissima" (en castelán). 30 de maio de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en inglés).