FireChat
FireChat é unha aplicación móbil propietaria, desenvolvida por Open Garden, que utiliza a creación de redes sen fíos en malla para conectar teléfonos intelixentes vía Bluetooth, Wi-Fi, ou a tecnoloxía Multipeer Connectivity de Apple sen ter unha conexión de Internet ao conectarse en modo peer-to-peer.[1]
Ao longo do 2014 FireChat foi usada como ferramenta de comunicación en protestas civís, aínda que non fora deseñada para este propósito.
Historia
[editar | editar a fonte]A aplicación foi presentada primeiro en marzo de 2014 para iPhones, seguido por unha versión para dispositivos de Android en abril seguinte.[2][3]
As aplicacións de mensaxería instantánea fóra da rede existiron desde 2007, antes de que as tecnoloxías sen fíos tivesen dispoñibilidade e adopción ampla. Por exemplo, Blueeee! era unha aplicación para Sony Ericsson, Nokia, LG, Motorola, Siemens, dispositivos Samsung, e utilizaba bluetooth para deixar a usuarios próximos comunicarse o un co outro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Russians Are Organizing Against Putin Using FireChat Messaging App". Bloomberg.
- ↑ "FireChat Could Be the First in a Wave of Mesh Networking Apps". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2015. Consultado o 03 de outubro de 2017.
- ↑ "How one app might be a step toward internet everywhere".