Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Folosa palustre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folosa palustre

Folosa palustre en Polonia.


Son da folosa palustre.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Superfamilia: Sylvioidea
Familia: Acrocephalidae
Xénero: Acrocephalus
Especie: A. palustris
Nome binomial
'Acrocephalus palustris'
(Bechstein, 1798)
Cuculus canorus canorus + Acrocephalus palustris

A folosa palustre (Acrocephalus palustris) é unha folosa migratoria do que cría en Europa e Asia.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son paxaros duns 13 cm. de lonxitude, con entre 17 e 21 cm. de envergadura de ás e que pesan de 11 a 14 gramos. A parte superior do corpo e castaña agrisada e a inferior branca amarelada. Teñen a gorxa branca e o bico afiado. Visualmente son difíciles de distinguir da folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus), do que se diferenza polo lombo máis gris, a fronte menos patela e o bico menos forte. Como é típico nas folosas, a plumaxe de machos e femias é semellante. Poden acadar os nove anos de idade. Son aves que se moven entre a vexetación mesta. O seu canto, rápido e alto está composto case exclusivamente de imitacións dos cantos doutras aves, puntuadas cos chíos e asubíos propios das folosas do xénero Acrocephalus. No canto desta especie foron identificados os sons de diferentes especies de paxaros africanos e europeos.

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Viven entre vexetación mesta e máis axiña alta coma canavais, mato e campos de cultivo , preto de zonas acuáticas e ríos. Crían nas zonas temperadas de Europa e no oeste de Asia e pasan o inverno no sueste de África. Na Península Ibérica non crían. No centro e leste de Europa permanecen entre maio e setembro.

Alimentación e reprodución

[editar | editar a fonte]

Son aves insectívoras que ademais de insectos e as súas larvas, arañas e pequenos moluscos consomen ocasionalmente bagas.

Maduran sexualmente cando pasan o ano de vida.Á época reprodutora vai principalmente de maio a xullo. Fan un niño de herbas e xuncos que sitúan moitas veces entre os talos de ortigas ou plantas agrícolas. Poñen entre 3 e 5 ovos brancos azulados que chocan alternativamente os dous membros da parella entre 12 e 14 días. Os polos son capaces de voar con entre 10 e 14 días de vida.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Leisler, B. & Wink, Michael (2000): Frequencies of multiple paternity in three Acrocephalus species (Aves: Sylviidae) with different mating systems (A. palustris, A. arundinaceus, A. paludicola). Ethology, Ecology & Evolution 12: 237-249. PDF texto completo

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]