Franc3s
Franc3s | |
---|---|
Orixe | Carballo e Vilalba, Galiza |
Período | 2008 - 2013 |
Xénero(s) | noise rock, pop punk |
Selo(s) discográfico(s) | Los Enanos Gigantes |
Membros | María Costa Patricia Bermúdez Alberto M. Vecino |
Na rede | |
http://franc3s.blogia.com/ | |
Franc3s é unha banda galega de noise rock con membros procedentes de Carballo e Vilalba. O seu nome foi elixido polo seu gusto pola actriz Frances Farmer, a cantante Frances McKee (The Vaselines) e a artista circense Frances O’Connor.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ao pouco de formarse a banda comezou a gravar demos e no ano 2008 publicaron o seu primeiro EP, Franc3s. Ese ano a revista Rockdelux falou deles como a revelación do Festival do Norte 2008, e foron entrevistados no programa Disco Grande de Radio 3.
No ano 2009 editaron o seu segundo EP, La exhibición de atrocidades, e un ano despois asinaron co selo Los Enanos Gigantes para editar o que sería o seu primeiro álbum. Franc3s foi lanzado a principios do ano 2011, e nel contan coa colaboración de Marina Gómez de Klaus & Kinski, Rodrigo Caamaño e Isa Cea de Triángulo de Amor Bizarro ou Florent e Eric Jimenez de Los Planetas entre outros. O disco foi gravado analoxicamente nos Estudios Brazil con Fino Oyonarte (Clovis, Los Enemigos), optando por un son lo-fi.[2]
A banda falou de plans para empezar a gravar novos temas, cunha sonoridade máis pop, a partir de outubro de 2011, e para comezar a realizar novos concertos a partir do mes de novembro[3]. No ano seguinte Franc3s lanzou o seu segundo álbum de estudio, Campanas de fuego rosa, producido por Rodrigo Caamaño.[1]
Franc3s disolveuse no ano 2013[4] despois de publicar o sinxelo "El sentido de la lucha", dedicado ao seu amigo o pintor e deseñador gráfico Alberto Gende, falecido en 2012.[1] Antes da disolución da banda Alberto M. Vecino decidira formar un proxecto con Gende, e tras a súa morte uniuse ao seu irmán, Diego Gende, e a Rubén Domínguez de Telephones Rouges para formar Chicharrón.[5]
Membros
[editar | editar a fonte]- María Costa - batería e voz.
- Patricia Bermúdez- sintetizadores e voz.
- Alberto M. Vecino - guitarra e voz.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | Notas |
---|---|---|---|
Franc3s | 2008 | autoeditado | EP |
La exhibición de atrocidades | 2009 | autoeditado | EP |
Franc3s | 2011 | Los Enanos Gigantes | álbum |
"Campanas de fuego rosa" | 2012 | Limbo Starr | sinxelo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Bio en lafonoteca.net
- ↑ "reseña de Franc3s en muzikalia.com". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2011. Consultado o 07 de outubro de 2011.
- ↑ "Entrevista en desconcierto.com". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2011. Consultado o 07 de outubro de 2011.
- ↑ "FRANC3S - FRANC3S se disuelve. Gracias a todos los que nos habéis apoyado, y sobre todo a Limbo Starr.". www.facebook.com. Consultado o 2023-11-10.
- ↑ "Chicharrón - La Fonoteca" (en castelán). Consultado o 2023-11-10.