Galactosa-1-fosfato uridiltransferase
- Para o tecido linfoide asociado ao intestino ver GALT.
Dímero da galactosa-1-fosfato uridiltransferase de Escherichia coli. | |
Galactosa-1-fosfato uridiltransferasa[1]
| |
Identificadores | |
Símbolo | GALT |
Entrez | 2592 |
HUGO | 4135 |
OMIM | |
RefSeq | NM_000155 |
UniProt | P07902 |
Outros datos | |
Número EC | 2.7.7.12 |
Locus | Cr. 9 p13 |
A galactosa-1-fosfato uridiltransferase (GALT) (EC 2.7.7.12) é un encima responsable de converter a galactosa inxerida en glicosa.[2]
A GALT cataliza a segunda etapa da ruta de Leloir do metabolismo da galactosa.
O encima está codificado no xene GALT do cromosoma 9[3], e a súa expresión está controlada polo xene FOX3. A ausencia deste encima orixina nos humanos a enfermidade galactosemia que pode ser mortal nos neonatos se non se elimina da dieta a lactosa (disacárido que contén galactosa). A fisiopatoloxía da galactosemia non foi aínda definida claramente.[2]
Mecanismo
[editar | editar a fonte]A galactosa-1-fosfato uridiltransferasa (GALT) cataliza a segunda reacción da ruta de Leloir do metabolismo da galactosa por medio dunha cinética encimática de dobre desprazamento.[5] Isto significa que a reacción neta consiste en dous reactantes e dous produtos, e procede por medio do seguinte mecanismo: O encima reacciona cun substrato para xerar un produto e o encima modificado, o cal posteriormente reacciona co segundo substrato para formar o segundo produto, rexenerándose o encima orixinal.[6] No caso da GALT, o residuo His-166 actúa como un nucleófilo potente para facilitar a transferencia dun nucleótido entre UDP-hexosas e hexosas-1-fosfato.[7]
- UDP-glicosa + Encima-His ⇌ Glicosa 1-fosfato + Encima-His-UMP
- Galactosa 1-fosfato + Encima-His-UMP ⇌ UDP-galactosa + Encima-His[7]
A GALT necesita un ión ferro un ión cinc por subunidade.[8]
Estudos estruturais
[editar | editar a fonte]Galactosa-1-fosfato uridiltransferase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Símbolo | GalP_UDP_transf | ||||||||
Pfam | PF01087 | ||||||||
Pfam clan | CL0265 | ||||||||
PROSITE | PDOC00108 | ||||||||
SCOPe | 1hxp / SUPFAM | ||||||||
|
Galactosa-1-fosfato uridiltransferase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estrutura da nucleotidiltransferase en complexo coa UDP-galactosa | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | GalP_UDP_tr_C | ||||||||
Pfam | PF02744 | ||||||||
Pfam clan | CL0265 | ||||||||
InterPro | IPR005850 | ||||||||
PROSITE | PDOC00108 | ||||||||
SCOPe | 1hxp / SUPFAM | ||||||||
|
A GALT é un homodímero.[8] A estrutura tridimensional por cristalografía de raios X a unha resolución de 1,8 ángstroms da galactosa-1-fosfato uridiltransferase obtivérona Wedekind, Frey e Rayment, e a súa análise estrutural atopou os aminoácidos chave esenciais para a función da GALT.[7] Os aminoácidos importantes encontrados por Wedekind et al. (Leu-4, Phe-75, Asn-77, Asp-78, Phe-79 e Val-108) son concordantes cos residuos que foron implicados en experimentos de mutacións puntuais e en cribado clínico na galactosemia humana.[7][9]
Importancia clínica
[editar | editar a fonte]A deficiencia en galactosa-1-fosfato uridiltransferase causa a galactosemia clásica. A galactosemia é unha doenza da nenez de natureza hereditaria.[10] Os trazos autosómicos recesivos afectan aproximadamente a 1 de cada 40.000-60.000 nados. A galactosemia clásica (G/G) é causada por unha deficiencia na actividade da GALT, mentres que a forma máis común, Duarte/Classica (D/G), prodúcese pola atenuación da actividade da GALT.[11] Os síntomas inclúen problemas ováricos, dispraxia (dificultade para falar correctamente e consistentemente)[12] e déficit neurolóxicos.[11] Unha soa mutación nalgúns aminoácidos pode producir atenuación ou deficiencia da actividade da GALT.[13] Por exemplo, unha mutación simple de A a G no exón 6 do xene GALT cambia o Glu-188 por Arg, e unha mutación de A a G no exón 10 cambia o Asn-314 por Asp.[11] Estas dúas mutacións tamén engaden novos sitios de corte para os encimas de restrición.[11] O cribado clínico practicamente eliminou a morte neonatal pola galactosemia clásica, pero a doenza, debido ao papel da GALT no metabolismo da conversión da galactosa inxerida en glicosa, pode ser mortal.[10][14] Porén, as persoas afectadas pola galactosemia poden vivir de forma relativamente normal evitando os produtos que conteñen leite e calquera alimento que conteña galactosa, aínda que hai un risco potencial para problemas no desenvolvemento neurolóxico, ou outras complicacións, mesmo naqueles individuos que eviten a galactosa.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "GALT". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2011. Consultado o 8 de decembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 "Entrez Gene: GALT galactose-1-phosphate uridylyltransferase".
- ↑ OMIM 606999
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2008. Consultado o 24 de abril de 2014.
- ↑ Wong LJ, Frey PA (1974). "Galactose-1-phosphate uridylyltransferase: rate studies confirming a uridylyl-enzyme intermediate on the catalytic pathway". Biochemistry 13 (19): 3889–3894. PMID 4606575. doi:10.1021/bi00716a011.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 24 de abril de 2014.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Wedekind JE, Frey PA, Rayment I (1995). "Three-dimensional structure of galactose-1-phosphate uridylyltransferase from Escherichia coli at 1.8 A resolution". Biochemistry 34 (35): 11049–61. PMID 7669762. doi:10.1021/bi00035a010.
- ↑ 8,0 8,1 "Galactose-1-phosphate uridylyltransferase". Consultado o 8 de decembro de 2011.
- ↑ Seyrantepe V, Ozguc M, Coskun T, Ozalp I, Reichardt JK (1999). "Identification of mutations in the galactose-1-phosphate uridyltransferase (GALT) gene in 16 Turkish patients with galactosemia, including a novel mutation of F294Y. Mutation in brief no. 235. Online". Hum. Mutat. 13 (4): 339. PMID 10220154. doi:10.1002/(SICI)1098-1004(1999)13:4<339::AID-HUMU18>3.0.CO;2-S.
- ↑ 10,0 10,1 Fridovich-Keil JL (2006). "Galactosemia: the good, the bad, and the unknown". J. Cell. Physiol. 209 (3): 701–5. PMID 17001680. doi:10.1002/jcp.20820.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 Elsas LJ, Langley S, Paulk EM, Hjelm LN, Dembure PP (1995). "A molecular approach to galactosemia". Eur. J. Pediatr. 154 (7 Suppl 2): S21–7. PMID 7671959. doi:10.1007/BF02143798.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2006. Consultado o 24 de abril de 2014.
- ↑ Dobrowolski SF, Banas RA, Suzow JG, Berkley M, Naylor EW (2003). "Analysis of common mutations in the galactose-1-phosphate uridyl transferase gene: new assays to increase the sensitivity and specificity of newborn screening for galactosemia". J Mol Diagn 5 (1): 42–7. PMC 1907369. PMID 12552079.
- ↑ Lai K, Elsas LJ, Wierenga KJ (2009). "Galactose toxicity in animals". IUBMB Life 61 (11): 1063–74. PMC 2788023. PMID 19859980. doi:10.1002/iub.262.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2013. Consultado o 24 de abril de 2014.