Gardián de Escocia
Aparencia
Os Gardiáns de Escocia foron os xefes de Estado de facto de Escocia[1] durante os interregnos de 1290-1292 e 1296-1306.
Nos séculos XIII e XIV, durante os numerosos períodos de baleiro do trono escocés —por minoría de idade, prisión, falta de descendencia directa do monarca etc.—, diversos rexentes, chamados Gardiáns de Escocia, ben individualmente ou ben colectivamente, dirixiron a política escocesa.
Gardiáns de Escocia durante o Primeiro Interregno 1290–1292
[editar | editar a fonte]- William Fraser, Bispo de St Andrews
- Robert Wishart, Bispo de Glasgow
- John II Comyn, Señor de Badenoch
- James Stewart
- John de Warenne, VI Conde de Surrey[2]
- Bryan FitzAlan, Señor de Bedale (1291–1292)
Gardiáns de Escocia durante o Segundo Interregno 1296–1306
[editar | editar a fonte]- Sir William Wallace (1297–1298)
- Robert the Bruce, Conde de Carrick (1298–1300)
- John Comyn (1298-1300, 1302–1304)[3]
- William Lamberton, Bispo de St Andrews (1299–1301)
- Sir Ingram de Umfraville (1300–1301)
- John de Soules (1301–1304)
Gardiáns durante a minoría de idade do Rei David II
[editar | editar a fonte]- Sir Thomas Randolph, I Conde de Moray (1329-1332)
- Donald, Conde de Mar (1332, durante dez días)
- Sir Andrew Moray of Bothwell (1332-1333) ata a súa captura polos ingleses
- Sir Archibald Douglas (1333, durante tres meses)
- Sir Andrew Moray of Bothwell por segunda vez (1335-1338)
- Roberto Estuardo, sobriño de David e futuro rei como Roberto II. Roberto foi gardián en catro ocasións, ás veces acompañado e as dúas últimas só durante os once anos de prisión en Inglaterra trala Batalla de Neville's Cross (1345-1357). Aproveitou eses anos para construír unha base de poder sólida no país, especialmente no norte de Forth.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barrow, G. W. S. (2005). Robert Bruce and the community of the realm of Scotland. Edinburgh University Press. p. 38. ISBN 9780748620227.
- ↑ Howard de Walden, Thomas Evelyn Scott-Ellis Baron (1904). Some feudal lords and their seals, MCCCJ (Some feudal lords and their seals, MCCCJ. ed.). London: De Walden Library.
- ↑ G. W. S. Barrow, Robert Bruce and the Community of the Realm of Scotland (2005) p. 189.