Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Geoffrey Henry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeoffrey Henry
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1940 Editar o valor en Wikidata
Illa Aitutaki, Illas Cook Editar o valor en Wikidata
Morte9 de maio de 2012 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Illas Cook Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento das Illas Cook
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Vitoria de Wellington Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido das Illas Cook Editar o valor en Wikidata
Premios

Geoffrey Arama Henry, nado en 1940 en Aitutaki, é un político das Illas Cook que foi líder do Partido das Illas Cook (1979-2006) e dúas veces primeiro ministro (1983 e 1989-1999).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Henry estudou dereito na Universidade Vitoria de Wellington en Nova Zelandia, comezou a súa carreira política en 1965 como deputado independente, militante do PIC desde 1972, foi ministro de educación en 1973 e máis tarde de finanzas, converteuse no seu líder en 1978 logo que o seu primo Albert Henry se virá obrigado a dimitir. A primeira etapa de Geoffrey Henry como primeiro ministro foi curta, entre o 13 de abril e o 16 de novembro de 1983, a morte dun dos membros do seu partido e a oposición de Tupui Ariki Henry, fillo de Albert Royle que se opuña ao seu liderado, obrígano a dimitir, desde aquela foi o líder da oposición no Parlamento das Illas Cook. O seu segundo mandato como primeiro ministro comezou o 1 de febreiro de 1989 e rematou o 29 de xullo de 1999 cando dimitiu para evitar que os opostos ao seu liderado deixasen o partido[1] Joe Williams substituíuno como primeiro ministro, mais Henry permaneceu como o líder do partido.

En novembro de 2004, Henry converteuse no viceprimeiro ministro e ministro de finanzas nun goberno de coalición dirixido por Robert Woonton.[2] Henry continuou neste posto ata 2006, cando se retirou da política,[3] con Henry Puna como o novo líder do partido.

Desdeo o 16 de abril de 2009 é presidente do Comité Olímpico Nacional e Deportivo das Illas Cook[4], e desde 1992 é cabaleiro do Imperio Británico.

  1. "Cook Island PM resigns". The New Zealand Herald. 1999-07-30. Consultado o 9/12/2010. 
  2. "Sir Geoffrey sworn in as deputy prime minister" Arquivado 01 de outubro de 2010 en Wayback Machine., Cook Islands Government Press Release, 2004-11-16.
  3. "Sir Geoffrey Henry retires from Cook Islands politics", Radio New Zealand International, 2006-08-03.
  4. "Sir Geoffrey new CISNOC head" Arquivado 15 de maio de 2009 en Wayback Machine., Cook Islands News 2009-04-22.