Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Georg Simon Ohm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorg Simon Ohm

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1789 Editar o valor en Wikidata
Erlangen, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xullo de 1854 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Múnic, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAlter Südfriedhof (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPrincipality of Bayreuth (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Erlangen-Núremberg Editar o valor en Wikidata
Director de teseKarl Christian von Langsdorf Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Múnic
Colonia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, matemático, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic, catedrático (1852–1854)
Universidade de Heidelberg
Dreikönigsgymnasium (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
IrmánsMartin Ohm Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Allgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Ohm-156 Find a Grave: 5767 Editar o valor en Wikidata

Georg Simon Ohm, nado en Erlangen, Baviera (Sacro Imperio Romano Xermánico) o 16 de marzo de 1789 e finado en Múnic (Reino de Baviera) o 6 de xullo de 1854, foi un físico e matemático alemán. Coñecido principalmente pola súa investigación sobre as correntes eléctricas, achegou á teoría da electricidade a Lei de Ohm. Estudou a relación que existe entre a intensidade dunha corrente eléctrica, a súa forza electromotriz e a resistencia, formulando en 1827 a lei que leva o seu nome que establece que: I = V/R. Tamén se interesou pola acústica, a polarización das pilas e as interferencias luminosas. A unidade de resistencia eléctrica, o ohmio, recibe este nome no seu honor.[1] Terminou ocupando o posto de conservador do gabinete de física da Academia de Ciencias de Baviera.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en 1789 o seo dunha pequena familia protestante en Erlangen, Baviera (nesa época, parte do Sacro Imperio Romano Xermánico). O seu pai, Johann Wolfgang Ohm, era cerraxeiro e a súa nai foi Maria Elizabeth Beck que era filla dun sastre. Malia non ser xente estudada, o seu pai era un autodidacta e deulles aos seus fillos unha excelente educación a partir dos seus propios ensinos.

Ohm pertenceu a unha familia numerosa,e como era normal naqueles tempos, moitos dos seus irmáns morreron durante a infancia; dos sete fillos que o matrimonio Ohm trouxo ao mundo só sobreviviron tres: Georg Simon, a súa irmá Elizabeth Barbara e o seu irmán Martin, que chegou a ser un coñecido matemático.[2]

A vida na universidade

[editar | editar a fonte]

Á idade de 16 anos concorreu á Universidade de Erlangen, onde aparentemente se desinteresou polos seus estudos logo de tres semestres, considerando que estaba desaproveitando o seu tempo, e por presión do seu pai, Ohm foi enviado a Suíza, onde en setembro de 1806 obtivo unha praza de mestre de matemáticas nunha escola de Gottstadt, preto de Nydau.

Aconsellado polo seu colega Karl Christian von Langsdorf -ao que coñecera durante a súa estancia na universidade- de que lese os traballos de Euler, Laplace e Lacroix, proseguiu os seus estudos sobre matemáticas ata abril de 1811, cando decidiu volver a Erlangen. Alí recibiu o doutoramento o 25 de outubro dese mesmo ano inmediatamente ingresou na nómina da universidade.

Carreira docente

[editar | editar a fonte]
Memorial a Ohm (por Wilhelm von Rümann) na Universidade Técnica de Múnic, Campus Theresienstrasse.

Logo de tres semestres decidiu deixar o seu posto de profesor de matemáticas na universidade, ao chegar á conclusión de que non podía mellorar o seu status en Erlangen, xa que vivía en condicións pobres e non vía un futuro aí. A súa sorte non cambiou e o goberno bávaro ofreceulle un posto de profesor nunha escola de baixa reputación en Bamberg, traballou que aceptou en xaneiro de 1813. Tres anos máis tarde, trala pechadura do colexio, foi enviado a outra escola de Bamberg, que necesitaba axuda en ensinos de matemáticas e física. Durante todo ese tempo, Ohm mostraba un visible descontento co seu traballo, xa que non era a carreira brillante que esperara para si mesmo: considerábase máis que soamente un mestre.

O 11 de setembro de 1817 recibiu unha grande oportunidade como mestre de matemáticas e física no Liceo Xesuíta de Colonia, unha escola mellor que calquera outra na que Ohm puidese ensinar, posto que ata contaba co seu propio e ben equipado laboratorio de física. Unha vez instalado alí, Ohm proseguiu os seus estudos en matemáticas, lendo os traballos de destacados matemáticos franceses da época, como Laplace, Lagrange, Legendre, Biot e Poisson, así como os de Fourier e Fresnel. Proseguiu máis tarde con traballos experimentais no laboratorio de física do colexio, logo de ter noticia do descubrimento do electromagnetismo por Oersted en 1820.

En 1825 comezou a publicar os resultados dos seus experimentos sobre medicións de corrente e tensións, no que destacaba a diminución da forza electromagnética que pasa por un cable a medida que este era máis longo. Seguiu publicando os seus traballos, ata que -xa convencido do seu descubrimento- publicou en 1827 Die galvanische Kette, mathematisch bearbeitet, libro no que expón toda a súa teoría sobre a electricidade. A súa contribución máis destacable foi a formulación dunha relación fundamental, chamada hoxe en día Lei de Ohm. Esa mesma ecuación fora descuberta 46 anos antes polo inglés Henry Cavendish; pero o carácter semiermitaño deste impedira a súa difusión. Respecto ao libro, cabo destacar que comeza ensinando as bases da matemática, co propósito de que o lector entenda o resto do libro. É que para a época ata os mellores físicos alemáns carecían dunha base matemática apropiada para a comprensión do traballo, razón pola cal non chegou a convencer totalmente aos máis veteranos físicos alemáns, quen non crían que o achegamento matemático á física fose o máis adecuado, polo que criticaron e ridiculizaron o seu traballo.

Foi no ano de 1825 cando empezou a publicar os seus traballos estando no Liceo Xesuíta de Baviera, onde lle permitiron afastarse do ensino durante un ano, a fin de que proseguise cos seus descubrimentos. En agosto de 1826, recibiu a non moi xenerosa suma da metade do seu salario, para pasar o ano en Berlín, traballando nas súas publicacións. Ohm pensou que coa publicación do seu traballo ofreceríaselle un mellor posto nunha universidade antes de volver a Colonia, pero en setembro de 1827 o tempo acabábaselle e non obtiña mellores ofertas. Sentíndose menoscabado, Ohm decidiu quedar en Berlín, e en marzo de 1828 renunciou ao seu posto en Colonia.

Traballou temporalmente en diversos colexios de Berlín e en 1833 acepta unha praza na Universidade de Núremberg, onde lle foi outorgado o título de profesor; no entanto, aínda non lograra un posto acorde aos que cría ser os seus merecementos.

En 1841, o seu labor foi recoñecido pola "Royal Society" e foille adxudicada a Medalla Copley; ao ano seguinte foi incorporado como membro foráneo da Sociedade. O mesmo fixeron varias academias, entre elas as de Turín e Berlín, que o nomearon membro electo. En 1845 era xa membro activo e formal da "Bayerische Akademie".

Máis aló das súas investigacións sobre electricidade, en 1843 anunciou o principio fundamental da acústica fisiolóxica, debido á súa preocupación polo modo en que se escoitan as combinacións de tons:

Ao estar expostos a un son complexo creado ao mesturar varios tons, os individuos son capaces de escoitar por separado cada ton.
Harvey Schiffman (2001)

Pero as súas hipóteses non tiñan unha base matemática o suficientemente sólida, e a breve vida da súa hipótese acabou nunha disputa co físico August Seebeck, quen desacreditou a súa teoría. Finalmente, Ohm recoñeceu os seus erros.

En 1849 Ohm aceptou un posto en Múnic como conservador do gabinete de Física da "Bayerische Akademie" e ditou numerosas conferencias na Universidade de Múnic. En 1852 alcanzou a ambición de toda a súa vida: foi designado profesor titular da cátedra de física da Universidade de Múnic.

Georg Simon Ohm faleceu o 6 de xullo de 1854 en Múnic, Baviera, actual Alemaña. Está sepultado no cemiterio Alter Südfriedhof, da mesma cidade.

Descubrimentos

[editar | editar a fonte]

Lei de Ohm: usando os resultados dos seus experimentos, Georg Simon Ohm foi capaz de definir a relación fundamental entre voltaxe, corrente e resistencia. O que agora se coñece como a lei de Ohm apareceu na súa obra máis famosa, un libro publicado en 1827 que deu á súa teoría completa da electricidade.

A ecuación I = V / R coñécese como "lei de Ohm". Afírmase que a cantidade de corrente constante a través dun material é directamente proporcional á tensión a través do material dividido pola resistencia eléctrica do material. O ohmio (Ω), unha unidade de resistencia eléctrica, é igual á dun condutor no cal unha corrente (I) dun amperio (1 A) é producida por un potencial dun voltio (1 V) a través dos seus terminais. Estas relacións fundamentais representan o verdadeiro comezo da análise de circuítos eléctricos.

A corrente circula por un circuíto eléctrico de acordo con varias leis definidas. A lei básica do fluxo de corrente é a lei de Ohm. A lei de Ohm establece que a cantidade de corrente que flúe nun circuíto formado por resistencias só se relaciona co voltaxe no circuíto e a resistencia total do circuíto. A lei exprésase xeralmente pola fórmula V = I*R (descrito no parágrafo anterior), onde I é a corrente en amperios, V é o voltaxe (en voltios), e R é a resistencia en ohmios.

O ohmio, unha unidade de resistencia eléctrica, é igual á dun condutor no cal prodúcese unha corrente dun amperio por un potencial dun voltio a través dos seus terminais; así anos antes de que Ohm enunciase a súa lei, outros científicos realizaran experimentos coa corrente eléctrica e a tensión. Destaca o caso do británico Henry Cavendish, que experimentou coa botella de Leiden en 1781 pero non chegou a publicar as súas conclusións, ata que case 100 anos despois, en 1879, James Clerk Maxwell as publicou.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]