Georgi Dobrovolski
Aparencia
Georgi Timofeievich Dobrovolski foi un cosmonauta soviético que participou na misión Soiuz 11 e que formou parte da primeira tripulación enviada á primeira estación espacial, a Saliut 1. Pasou un total de 23,76 días no espazo e faleceu ao regreso da misión xunto co resto dos tripulantes debido á despresurización da cápsula durante a reentrada, o 30 de xuño de 1971.
Dobrovolski naceu o 1 de xuño de 1928 en Odesa, Ucraína. Gradouse Academia Militar da Forza Aérea en Monino, oblast de Moscova, en 1961. Foi seleccionado como cosmonauta e adestrado entre 1963 e 1965.
Unha rúa en Kaluga, unha escola en Odesa e un asteroide levan o seu nome.
Notas
[editar | editar a fonte]- Mark Wade (2019). "Dobrovolsky, Georgi Timofeyevich" (en inglés). Consultado o 24 de novembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georgi Dobrovolski |