Gerald Vanenburg
Gerald Vanenburg | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Gerald Mervin Vanenburg | ||
Nacemento | 5 de marzo de 1964 | ||
Lugar de nacemento | Utrecht | ||
Altura | 1,72 m. | ||
Posición | Extremo dereito | ||
Carreira xuvenil | |||
Sterrewijk | |||
Elinkwijk | |||
Ajax | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1980–1986 | Ajax | 173 | (64) |
1986–1993 | PSV | 199 | (48) |
1993–1996 | Júbilo Iwata | 86 | (14) |
1997 | Utrecht | 9 | (2) |
1997–1998 | Cannes | 26 | (6) |
1998–2000 | 1860 Munich | 43 | (2) |
Total | 536 | (136) | |
Selección nacional | |||
1982–1992 | Baixos | 42 | (1) |
Adestrador | |||
2004 | 1860 Munich | ||
2006–2007 | Helmond Sport | ||
2008 | FC Eindhoven | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Gerald Mervin Vanenburg, nado en Utrecht o 5 de marzo de 1964, é un exfutbolista neerlandés que xogaba como extremo dereito. Desenvolveu a maior parte da súa carreira entre o Ajax e o PSV, gañando 15 títulos, entre eles a Copa de Europa na tempada 1987/88. Marcou 112 goles en 372 partidos da Eredivisie. Posteriormente xogou no Xapón, en Francia e Alemaña, retirándose no 2000, despois de 20 anos como profesional.
Foi 40 veces internacional coa selección dos Países Baixos, coa que disputou o Mundial de 1990 e a Eurocopa de 1988, gañando esta última.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]Ajax
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista na canteira do Ajax e debutou co primeiro equipo na Eredivisie exactamente un mes despois do seu 17 aniversario, ante o ADO Den Haag. Rematou a súa primeira tempada con 11 partidos e tres goles e pouco despois fíxose coa titularidade, proporcionando numerosas asistencias aos dianteiros Marco van Basten e Wim Kieft. Nas tempadas 1981/82 e 1982/83 gañou dúas ligas consecutivas, sumando 30 goles entre ambas. Gañou unha terceira liga na tempada 1984/85 e deixou o club un ano despois, tras 209 partidos e 72 goles.[1]
PSV
[editar | editar a fonte]Para a tempada 1986/87 fichou polo PSV Eindhoven. Marcou 9 goles en 34 partidos na súa primeira tempada, que concluíu coa conquista da liga. Formou parte do equipo que gañou un histórico triplete na campaña seguinte, ao conquistar a Eredivisie, a Copa dos Países Baixos e a Copa de Europa. Foi titular na final europea ante o Benfica en Stuttgart e converteu con éxito o seu lanzamento na quenda de penaltis que decidiu o título.[2] A columna vertebral do equipo gañador do triplete estaba formada por moitos dos seus antigos compañeiros no Ajax, como Frank Arnesen, Kieft, Ronald Koeman e Søren Lerby.
Tras rexeitar un lucrativo pase á Roma, continuou cinco tempadas máis no PSV, gañando outras tres ligas e dúas Copas. Xogou un total de 259 partidos co club de Eindhoven e marcou 66 goles.
No estranxeiro
[editar | editar a fonte]Aos 29 anos deixou o seu país e puxo rumbo ao Xapón, onde fichou polo Júbilo Iwata. Na súa primeira tempada logrou o ascenso á J1 League e seguiu xogando outras dúas tempadas máis en Iwata. En 1997 xogou no FC Utrecht da súa cidade natal, rematando a liga na 12ª posición.
Posteriormente xogou no AS Cannes de Francia e no TSV 1860 Munich de Alemaña, ata a súa retirada no 2000, aos 36 anos de idade.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi 42 veces internacional coa selección dos Países Baixos, coa que debutou o 14 de abril de 1982 con só 18 anos, xogando os 90 minutos nunha vitoria por 1-0 sobre Grecia en Eindhoven.[3] Un ano despois participou coa selección xuvenil na Copa do Mundo da categoría, celebrada en México, e foi elixido no once ideal do torneo.
Foi convocado por Rinus Michels para a Eurocopa de 1988 en Alemaña Occidental, onde foi titular en todos os partidos, incluída a final que o seu equipo gañou diante da Unión Soviética.[4] Dous anos máis tarde foi convocado por Leo Beenhakker para o Mundial de 1990. Con todo, só disputou 45 minutos no torneo, no empate a un gol con Exipto.[5] Xogou o seu último encontro internacional ante Polonia o 14 de outubro de 1992, en Rotterdam nun partido de clasificación para o Mundial de 1994.[3]
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Despois de deixar o TSV 1860 Munich regresou ao PSV, onde foi nomeado adestrador do equipo xuvenil. En 2004 dirixiu durante tres meses tamén o TSV, co que acabou descendendo dende a Bundesliga á 2. Bundesliga.
Na tempada 2006/07 pasou polo banco do Helmond Sport da Eerste Divisie, ata que foi despedido o 17 de febreiro de 2007. En 2008 adestrou outro club da mesma categoría, o FC Eindhoven.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É sobriño do exfutbolista e adestrador Roy Vanenburg, internacional coa selección de Suriname e considerado como un dos mellores futbolistas da historia do país caribeño.[6][7]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Ajax
- Eredivisie (3): 1981/82, 1982/83, 1984/85.
- Copa dos Países Baixos (2): 1982/83, 1985/86.
PSV
- Copa de Europa (1): 1987/88.
- Eredivisie (5): 1986/87, 1987/88, 1988/89, 1990/91, 1991/92.
- Copa dos Países Baixos (3): 1987/88, 1988/89, 1989/90.
- Supercopa dos Países Baixos (1): 1992
Países Baixos
Individual
- Bota de Ouro dos Países Baixos (2): 1988, 1989.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gerald Mervin Vanenburg (1964)" (en neerlandés). 5 de xuño de 2012. Consultado o 8 de novembro de 2022.
- ↑ "Eindhoven prosper from Oranje boom". UEFA (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 "Gerald Vanenburg - International Appearances". rsssf.org/ (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2022.
- ↑ "Van Basten volley crowns Netherlands' EURO 1988 final win against USSR". UEFA (en inglés). 5 de outubro de 2003. Consultado o 8 de novembro de 2022.
- ↑ "NETHERLANDS - EGYPT". planetworldcup.com (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2022.
- ↑ Porskamp, Sam (1 de agosto de 2014). "Ajax en Suriname: twee handen op één buik" (en neerlandés). Consultado o 8 de novembro de 2022.
- ↑ "Vanenburg, Roy;" (en neerlandés). Consultado o 8 de novembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador no sitio web da FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro de 2015.
- Datos do xogador na J1 League (en xaponés).
- Nados en Utrecht
- Nados en 1964
- Futbolistas dos Países Baixos
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do AFC Ajax
- Xogadores do PSV Eindhoven
- Xogadores do Júbilo Iwata
- Xogadores do FC Utrecht
- Xogadores do AS Cannes
- Xogadores do TSV 1860 München
- Xogadores da selección de fútbol dos Países Baixos
- Futbolistas gañadores da Eurocopa
- Adestradores de fútbol dos Países Baixos