Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Glasgow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGlasgow
Glaschu (gd) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 55°51′40″N 4°15′00″O / 55.8611, -4.25
EstadoReino Unido
PaísEscocia
ConcelloGlasgow City (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación626.410 (2018) Editar o valor en Wikidata (189,94 hab./km²)
Lingua usadaLingua gaélica escocesa
lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie3.298 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Clyde e River Kelvin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónSaint Mungo Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoPhilip Braat (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postalG1-G80 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico141 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2GB-GLG Editar o valor en Wikidata
Código NUTSUKM34 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Cidade de México
Barga
Núremberg (1985–)
Rostov do Don (1986–)
Dalian (1987–)
A Habana (2002–)
Turín (2003–)
Marsella (2006–)
Lahore (2006–)
Belén (2007–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webglasgow.gov.uk Editar o valor en Wikidata

Glasgow (pronunciado [ˈɡlɑːzɡoʊ] en inglés, en gaélico escocés Glaschu, pronunciado [ˈɡ̊ɫ̪as̪əxu], ou Glesca/Glesga en escocés) é unha cidade de Escocia. Os seus 688.420 habitantes convértena na primeira cidade escocesa e a terceira de Gran Bretaña. Está situada na beira do Río Clyde nos Lowlands Escoceses. A xente de Glasgow é coñecida como glaswegians. Glaswegian tamén é o nome do dialecto local do escocés.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Glasgow está situada nas ribeiras do río Clyde, no centro-oeste de Escocia.

Malia estar a unha latitude semellante á de Moscova, o clima de Glasgow é máis suave do que cabería agardar, grazas á influencia que sobre el exerce a cálida Corrente do Golfo. Correspóndelle, pois, un clima de tipo oceánico, clasificado Cfb segundo a clasificación climática de Köppen. As medias do período comprendido entre os anos 1971 e 2000 representánse na seguinte táboa:

1971-2000 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec
Temperatura
máxima media (°C)
6,4 7,0 9,1 12,1 15,6 17,8 19,6 19,1 16,1 12,6 9,0 7,0
Temperatura
máxima mínima (°C)
1,6 1,7 2,9 4,4 7,0 9,7 11,8 11,5 9,4 6,7 3,6 2,2
Precipitacións (l/m2) 142 99 110 60 63 63 68 84 116 132 131 138
Artigo principal: Historia de Glasgow.
Rúa Buchanan.

A cidade medrou a partir dun arcebispado medieval e do posterior establecemento da Universidade de Glasgow no século XV, chegando a ser o maior centro da Ilustración escocesa no século XVIII. A partir deste século constituíuse coma un dos maiores centros de comercio transatlántico coas colonias británicas americanas. Coa chegada da Revolución Industrial a cidade e a súa área de influencia convertéronse nun dos principais núcleos mundiais de industria pesada, especialmente construción naval. Na época vitoriana e na do rei Eduardo VII era coñecida como a segunda cidade do Imperio Británico. A finais do século XIX e comezos do século XX a cidade creceu enormemente chegando ó millón de habitantes e situándose como a cuarta cidade europea tras Londres, París e Berlín. Na década dos 60 do século XX a recolocación dos seus habitantes en novas cidades e suburbios periféricos reduciron a poboación aos 688.420 habitantes actuais no seu centro e 1 749 154 na área metropolitana.

Na actualidade, a cidade é un dos 16 maiores centros financeiros de Europa e o fogar da maioría das grandes compañías de Escocia. Despois de Edimburgo, Glasgow é o segundo maior destino turístico de Escocia.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Catedral de Glasgow

Educación

[editar | editar a fonte]

En Glasgow están presentes catro universidades:

Medios de Transporte

[editar | editar a fonte]

Transporte Público

[editar | editar a fonte]

O metro de Glasgow (Glasgow Subway) posúe unha única liña que data do ano 1896, sendo así o terceiro metro máis vello do mundo tras o de Londres e Budapest . Esta liña, que é circular, atravesa o río e une o West End co centro da cidade. Na actualidade, o metro é administrado pola Strathclyde Partnership for Transport (SPT).

Autobuses

[editar | editar a fonte]

O servizo de autobuses urbanos da cidade é dado por diversas empresas privadas. A principal estación de autobuses é a Buchanan Bus Station.

Autoestradas

[editar | editar a fonte]

Por Glasgow pasan varias autoestradas, entre as que destacan a M8, que conectan as dúas cidades máis importantes do país: Glasgow e Edimburgo e a M80, que une as cidades de Glasgow e Stirling.

Ferrocarril

[editar | editar a fonte]

Na cidade de Glasgow hai dúas estacións de ferrocarrís principais:

  • Estación Central de Glasgow: atópase na beira do río Clyde nun edificio que data do ano 1879. De aquí parten os trens con dirección sur, tanto os que viaxan a destinos escoceses como os que chegan a cidades inglesas como Birmingham ou Londres.
  • Estación da Queen Street: desta estación atópanse os servizos con destino Edimburgo e todos aqueles cara ao norte de Escocia.

Transporte aéreo

[editar | editar a fonte]

A cidade está servida por dous aeroportos:

  • Aeroporto Internacional de Glasgow: atópase na localidade de Paisley, a 11 quilómetros do centro da cidade.
  • Aeroporto Internacional de Prestwick: atópase a uns 50 quilómetros de Glasgow. É destino de compañías aéreas de baixo custo. Conta cunha estación de ferrocarril.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
Nas últimas décadas a cidade de Glasgow cambiou radicalmente a súa faciana nas beiras do río Clyde

Glasgow está irmandada coas seguintes cidades:

Predecesor:
Francia París

Capital Europea da cultura

1990
Sucesor:
Dublín
  1. "Páxina web da Catedral de Glasgow". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2012. Consultado o 10 de decembro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]