Google Maps
Google Maps | |
---|---|
Tipo | páxina web, mapa digital, aplicação web e internet map service |
Data de fundación | 8 de febreiro de 2005 |
Fundador(es) | Jens Eilstrup Rasmussen e Lars Rasmussen |
Sede | Mountain View |
Na rede | |
https://maps.google.com/ e https://google.com/maps | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Google Maps é un servizo de mapeo web desenvolvido por Google. Foi anunciado por primeira vez en Google Blog o 8 de febreiro de 2005. Orixinalmente soportaría só ós usuarios de Internet Explorer e Mozilla Firefox, pero o soporte para Opera e Safari foi engadido o 25 de febreiro de 2005. O software estivo na súa fase beta durante seis meses, antes de converterse en parte de Google Local, o 6 de outubro de 2005.
Como nas aplicacións web de Google, úsanse un gran número de arquivos Javascript para crear Google Maps. Como o usuario pode mover o mapa, a visualización do mesmo báixase dende o servidor. Cando un usuario busca un negocio, a localización é marcada por un indicador en forma de pin, o cal é unha imaxe PNG transparente sobre o mapa. Para lograr a conectividade sen sincronía co servidor, Google aplicou o uso de AJAX dentro desta aplicación. É unha aplicación para o desenvolvemento de mapas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Google Maps |