Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Gucci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gucci

Editar o valor en Wikidata
TipoFilial de Kering
Fundación1921
MatrizKering
LocalizaciónFlorencia, Italia
FundadorGuccio Gucci
IndustriaModa
ProdutosRoupa, reloxos, lentes, xoiería, zapatos e accesorios de coiro.
Na rede
https://www.gucci.com/
Facebook: gucci Twitter: gucci Instagram: gucci LinkedIn: gucci Youtube: UCo6fjlKg6GuCmEMeqYbGJng Pinterest: gucci TikTok: gucci Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Gucci é unha firma italiana de luxo dedicada ao deseño e á fabricación de artigos de moda, reloxos, xoiaría, perfumes etc. Foi fundada en 1921 polo artesán Guccio Gucci nun pequeno taller de Florencia.

Segundo a revista Forbes, Gucci atópase no posto número 47 entre as marcas máis valiosas do mundo, cun valor de preto de 12,7 mil millóns de dólares en maio de 2017.[1]

No ano 1920, un mozo florentino interesado polo luxo, Guccio Gucci, abriu unha tenda en Florencia baseada no trato artesanal do coiro. Pouco despois, coa axuda de tres dos seus fillos, Aldo, Vasco e Rodolfo, Gucci comezou a súa expansión abrindo sucursais en Milán e Roma.[2] Despois da apertura destas tendas, en 1947 apareceu por primeira vez o coñecido símbolo de Gucci, as dúas «G» unidas.

Nos anos posteriores á morte do seu creador, en 1953, a marca abre a súa primeira tenda en Nova York, iniciando así a súa internacionalización. Así e todo, as diferenzas entre os herdeiros provocaron unha grave crise para o grupo, que conduciu á súa venda en 1989. Hoxe é parte da multinacional Kering, antigamente PPR, dedicada á venda de artigos de luxo. No ano 1993, Tom Ford únese á marca e esta volveu ser obxecto cobizado para millóns de persoas. No ano 2003, o grupo Gucci tivo unhas vendas superiores aos 2.580 millóns de euros.

Tenda de Gucci en Las Vegas.

O grupo Gucci mantén intereses comerciais e representación societaria nas seguintes marcas:

  1. "Gucci in the World's Most Valuable Brands". Forbes (en inglés). 
  2. "Gucci". Vogue (en castelán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]