Guelta
Unha guelta, pronunciado ['gelta], (ou noutros idiomas locais qalta, galta, agelmim ou agelmam), é un termo árabe (قلتة) do norte de África que significa depresión no terreo entre rochas que contén auga, que pode ser desde unha poza a un lago. É unha bolsa de auga que se forma nas canles de drenaxe ou uadis do Sáhara, en cuncas sen saída ou en cisternas nas rochas.[1] O seu tamaño e duración dependerá da súa localización e condicións, polo que poden ser temporais, estacionais ou permanentes. Poden acabar secándose ou durar todo o ano incluso na estación seca se son alimentadas por algunha fonte como augas subterráneas .[1] Cando os ríos non permanentes (uadis) secan poden quedar bolsas de auga nalgúns lugares do seu curso, orixinándose gueltas.[1] No Sáhara occidental as gueltas correspóndense con oasis.[1] Moitas están en zonas montañosas protexidas da forte exposición ao sol.
Algúns exemplos son a Guelta d'Archei no Chad e Timia en Níxer.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Gene E. Likens, ed. (2010). Lake Ecosystem Ecology: A Global Perspective. Academic Press. p. 269. Consultado o 5 de xuño de 2014.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |