Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Guillermo del Toro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuillermo del Toro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Guadalaxara, México Editar o valor en Wikidata
ResidenciaOs Ánxeles
Guadalaxara
Toronto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Guadalajara (pt) Traducir
Universidade Nacional Autónoma de México Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo castaño e cabelos brancos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, actor de televisión, produtor de televisión, visagiste (en) Traducir, maquillador, actor de cinema, novelista, produtor de cinema, guionista, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoFantasía, Cinema de terror, drama, suspense psicolóxico e Neo-noir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0868219 Allocine: 18940 Rottentomatoes: celebrity/guillermo_del_toro Allmovie: p166461 TCM: 47842 TV.com: people/guillermo-del-toro
Twitter: RealGDT Instagram: realgdt BNE: XX1092991 Musicbrainz: 0b592c8f-1289-4393-9405-12db60abd649 Songkick: 3145661 Discogs: 3250701 WikiTree: Del_Toro-35 Editar o valor en Wikidata

Guillermo del Toro, nado en Guadalaxara (Xalisco) o 9 de outubro de 1964, é un director de cine mexicano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Del Toro empezou a filmar desde adolescente, cando estaba no Instituto de Ciencias. Pasou dez anos en deseño de maquillaxe e formou a súa propia compañía Necropia antes de poder ser o produtor executivo do seu primeiro filme ós 21 anos. Foi cofundador do Festival de cine de Guadalaxara e creou a compañía de produción Tequila Gang.

En 1998 o seu pai foi secuestrado en México; tras conseguir a súa liberación mediante o pago dun rescate, Del Toro decidiu mudarse ó estranxeiro e actualmente vive nos Ánxeles (California).

Dirixiu unha ampla variedade de películas, desde adaptacións de cómics como (Hellboy e Blade II) a películas de terror e fantasía histórica, dúas das cales sitúanse en España na época da guerra civil española e o, inmediatamente posterior réxime ditatorial do Xeneral Francisco Franco. Estas dúas películas, El espinazo del diablo e El laberinto del fauno, son os seus dous traballos máis aclamados pola crítica. Tamén comparten aspectos similares: protagonistas (nenos pequenos) e temática (como a relación terror/fantasía e o vivir baixo un réxime fascista ou ditatorial).

Guillermo Del Toro caracterízase por imprimir unha estética e ambientación espectaculares ás súas películas, creando ambientes tétricos e atafegantes ou situacións máxicas e fantásticas. O seu estilo está marcado polo seu gusto pola bioloxía e pola escola de arte simbolista, a súa fascinación polo mundo fantástico desde o punto de vista dos contos de fadas e o seu gusto polos temas escuros. Os seus traballos inclúen frecuentemente monstros e/ou seres fantásticos. Del Toro sempre afirmou estar "namorado dos monstros. A miña fascinación cara a eles é case antropolóxica... estúdoos, disecciónoos nalgunhas das miñas películas: quero saber como funcionan, que aspecto teñen por dentro e como se comportan". Tamén ten unha lista doutras cousas que lle fascinan e que se converteron en pezas habituais das súas películas: "teño unha especie de fetichismo polos insectos, reloxeiros, monstros, lugares escuros, cousas sen nacer...".

Guillermo del Toro é tamén amigo de dous directores mexicanos aclamados pola crítica: Afonso Cuarón e Alejandro González Iñárritu. Os tres inflúen ás veces nas decisións dos demais en cuestións de dirección, foron entrevistados xuntos por Charlie Rose, e Cuarón foi un dos produtores de El laberinto del fauno. Os tres foron nomeados ós Premios Oscar 2006, entregados en febreiro de 2007 -del Toro foi nomeado por El laberinto del fauno (que obtivo 6 nomeamentos, incluíndo Mellor Película de Lingua Estranxeira), Cuarón por escribir e editar Children of Men e Iñárritu por producir e dirixir Babel.

Galardóns

[editar | editar a fonte]

Entregados o 28 de xaneiro de 2007.

Categoría Persoa Resultado
Mellor película Candidata
Mellor director Guillermo del Toro Candidato
Mellor actor Sergi López Ayats Candidato
Mellor actriz Maribel Verdú Candidata
Mellor actriz revelación Ivana Baquero Gañadora
Mellor guión orixinal Guillermo del Toro Gañador
Mellor fotografía Guillermo Navarro Gañador
Mellor montaxe Bernat Vilaplana Gañador
Mellor dirección artística Eugenio Candidato
Mellor música orixinal Javier Navarrete Candidato
Mellor son Miguel Polo, Martín Hernández Gañadores
Mellor maquillaxe e barbería José Quetglas, Blanca Sánchez Gañadores
Mellores efectos especiais David Martí, Reyes Abades, Montse Ribe Gañadores

Entregados o 11 de febreiro de 2007.

Categoría Persoa Resultado
Mellor película de fala non inglesa Gañadora
Mellor guión orixinal Guillermo del Toro Candidato
Mellor fotografía Guillermo Navarro Candidato
Mellor deseño de produción Eugenio Candidato
Mellor deseño de vestiario Lala Huete, Rocío Redondo Gañadoras
Mellor son Miguel Polo, Martín Hernández Candidatos
Mellor maquillaxe e barbería José Quetglas, Blanca Sánchez Gañadores
Mellores efectos visuais Everett Burrell Candidato

Entregados o 25 de febreiro de 2007

Categoría Acode Resultado
Mellor película estranxeira Candidata

(por México)

Mellor fotografía Guillermo Navarro Gañador
Mellor guión orixinal Guillermo del Toro Candidato
Mellor maquillaxe David Martí, Montse Ribé Gañadores
Mellor banda sonora Javier Navarrete Candidato
Mellor dirección artística Eugenio , Pilar Revuelta Gañadores

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]