Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Henry Koster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenry Koster

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Hermann Julius Kosterlitz Editar o valor en Wikidata
1 de maio de 1905 Editar o valor en Wikidata
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte21 de setembro de 1988 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Camarillo, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade - 1967 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxePeggy Moran (1942–1988) Editar o valor en Wikidata
IrmánsHans Walter Kosterlitz Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0467396 Allocine: 11593 Allmovie: p97947 69370 TV.com: people/henry-koster
BNE: XX1064460 Find a Grave: 7083065 Editar o valor en Wikidata

Hermann Kosterlitz, nado en Berlín (Alemaña) o 1 de maio de 1905 e finado en Camarillo (California) o 21 de setembro de 1988 foi un director de cinema de orixe alemá que traballou nos Estados Unidos, coñecido como Henry Koster.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Koster naceu en Berlín, fillo dun vendedor que abandonou o fogar cando o seu fillo aínda era novo. Entrou no mundo do cinema sobre 1910 cando o seu tío abriu un dos primeiros cines de Berlín. A nai de Koster tocaba o piano para acompañar os filmes mentres o seu fillo os vía.

Koster rematou o instituto en Berlín mentres traballaba como escritor de relatos e debuxante e despois foi contratado por unha compañía cinematográfica como guionista, pasando logo a ser axudante do director Curtis Bernhardt. Un día que Bernhardt caeu enfermo pediulle a Koster que o substituíse.

Koster tivo problemas pola súa orixe xudía e sabía que tiña que marchar. Tras perder os nervios un día marchou directamente á estación e colleu un tren a Francia, onde volveu ser contratado por Bernhardt, que marchara con anterioridade. Pasou logo a Budapest, onde coñeceu e casou con Kato Kiraly en 1934. Dous anos despois conseguiu un contrato para traballar con Universal Pictures en Hollywood. Aínda que non falaba inglés, o estudio convenceuno para dirixir Three Smart Girls, con Deanna Durbin. O filme foi un éxito e evitou a bancarrota da Universal.

Nun club nocturno de Nova York descubriu a Abbott and Costello e convenceu á Universal para contratalos. O seu primeiro filme foi One Night in the Tropics. A protagonista feminina, Peggy Moran, converteuse na segunda esposa de Koster en 1942. Cando casaron prometeulle que estaría en todos os seus filmes. Fíxoo, mais cunha estatua dela.

Durante a segunda guerra mundial Koster foi considerado un inimigo infiltrado a pesar da súa fuxida da Alemaña nazi e tivo que quedar na casa, recibindo as visitas de Charles Laughton, co que xogaba ao xadrez.

A súa carreira trala guerra foi tamén afortunada: foi candidato ao Oscar ao mellor director por The Bishop's Wife (1947); dirixiu o éxito de James Stewart Harvey (1950) e o primeiro filme estadounidense de Richard Burton, My Cousin Rachel. En 1953 foi o director de The Robe, primeiro filme en CinemaScope.

Retirouse en 1965 e dedicou o resto da súa vida á pintura.

Filmografía seleccionada

[editar | editar a fonte]

Guionista

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]