Henry Lee
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1826 |
Morte | 1888 (61/62 anos) |
Actividade | |
Ocupación | naturalista |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Henry Lee, nado en 1826 e finado o 31 de outubro de 1888, foi un naturalista inglés, coñecido como director e autor de acuarios e escritor.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sucedeu a John Keast Lord como naturalista do acuario de Brighton en 1872, e foi durante un tempo director. No acuario instituíu experimentos sobre a migración dos osméridos, os hábitos do arenque, branquetas, caranguexos de río e outros temas.[1]
Lee era un coleccionista afeccionado de espécimes de historia natural e microscopista. Foi membro da Linnean Society, Geological Society e Zoological Society, en Londres. Foi presidente do Quekett Microscopical Club de 1875 a 1877. Morreu, tras algúns anos de mala saúde, en Renton House, Brixton, o 31 de outubro de 1888. [1]
Lee mostrouse escéptico ante as afirmacións da criptozooloxía e das serpes mariñas. O seu libro Sea Monsters Unmasked (1884) comparou os avistamentos do Kraken coa lura.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Lee produciu Aquarium Notes ('Notas do acuario') para os visitantes. El escribiu:
- The Octopus ('O polbo'), 1874, un relato popular.
- Sea Fables Explained e Sea Monsters Unmasked, dous da serie de manuais para a Exposición de Pesca de 1883, sobre o kraken, a serpe mariña, as sereas, o mito da árbore dos gansos-percebes e temas similares.
- The Vegetable Lamb of Tartary, ('O cordeiro vexetal da Tartaria'), 1887. [1]
Foi colaborador de Land and Water. [1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Watkins 1892.
- ↑ Binns, Ronald. (1984). The Loch Ness Mystery Solved. Prometheus Books. p. 207. ISBN 978-0879752781 "Monsters Unmasked (1884) was an earnest attempt to demolish the case for the Kraken and the sea-serpent, attributing such sightings to the squid."
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henry Lee |
- Kraken
- Hidra de Lerna
- Árbore dos gansos
- Animalia Paradoxa
- Escepticismo
- Ilustración científica
- Paleoarte
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Traballos de Henry Lee en Project Gutenberg