Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Herexía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galileo Galilei condenado por herexe.

No cristianismo, a herexía, é unha opinión ou doutrina mantida en oposición ao dogma de calquera igrexa ou credo considerado ortodoxo.

Baseándose na etimoloxía grega da palabra, que provén de "hairesis", que significa unha elección ou un grupo de crentes, é unha escola do pensamento. A herexía é a expresión dunha visión desde algo preestablecido, un credo. Por exemplo, os católicos cren herexes aos protestantes, mentres que para algúns non católicos o catolicismo é considerado como a "Grande Apostasía". Na antigüidade non tiña un significado pexorativo. Os herexes non definen a súa crenza como herética. A tradución latina é seita.

A herexía cualifica unha situación complexa de conflito e ruptura, que comprende a herexía propiamente dita, de carácter doutrinal por ser unha desviación sobre o contido da fe, e o cisma, de carácter disciplinario pola insubmisión á autoridade eclesiástica considerada lexítima.

A herexía nace dunha diverxencia entre escolas sobre o significado da verdade (formulada polo dogma). Desenvólvese á vez no plano intelectual, pola oposición irreducible das teses e no plano comunitario, pola imposibilidade práctica de vivir en irmandade cos pertencentes á outra escola.

A partir do edicto de Constantino no ano 313 e máis particularmente a partir do concilio de Nicomedia no ano 317, erixido en tribunal destinado a impor a Ario unha primeira confesión de fe baixo pena de excomuñón, o dogma defínese como norma da «fe verdadeira» como reacción ás «desviacións heréticas».

Santo Agostiño combateu as herexías cristiás.

Máis tarde, no Primeiro Concilio de Nicea, defínese como herética unha doutrina diverxente do ensino oficial da Igrexa e dos dogmas consagrados pola súa autoridade (bispo, concilio) en base ás Escrituras e a Tradición.

A herexía (case sinónimo de heterodoxia) é a ocasión de crear unha nova forma de ortodoxia. No contexto do desenvolvemento das heterodoxias dos séculos II e III, unha heterodoxia convértese en herexía a partir do momento da súa condena por medio dun concilio.

A bula Gratia Divina (1656) define a herexía como «a crenza, o ensino ou a defensa de opinións, dogmas, propostas ou ideas contrarias á ensinanza da Santa Biblia, os Santos Evanxeos, a Tradición e o maxisterio».

A Inquisición, o tribunal de excepción encargado de combater a herexía é a obra do papa Gregorio IX (1231).

As primeiras herexías na Igrexa católica son:

Herexía vs. heterodoxia

[editar | editar a fonte]

A palabra heterodoxia é grega e significa diversos ensinos no sentido dos Gálatas 1.6. É un presunto erro no ensino que diverge da ortodoxia, e é a miúdo unha posición honesta e corrixible que proviría dunha educación incompleta.

Notas

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]