Hidróxido de potasio
Xerais | |
---|---|
Nome | Hidróxido de potasio |
Outros nomes | Hidróxido potásico Potasa cáustica Lixivia de potasa |
Fórmula química | KOH |
Aparencia | Sólido branco delicuescente. |
Basicidade (pKb) | 0 |
Físicas | |
Masa molar | 56,11 g/mol |
Punto de fusión | 679 K (406 °C) |
Punto de ebulición | 1593 K (1320 °C) |
Densidade | 2,044×103kg/m3 (2,044 g/cm3) |
Solubilidade | 1100 g/L de auga (a 25 °C) |
Compostos relacionados | KCl, KF, K2SO4; NaOH NH4OH, Ca(OH)2, Al(OH)3 |
Seguridade | |
Catalogado como: | Corrosivo |
Número CAS | [1310-58-3] |
As propiedades sen referencia veñen dadas en condicións estándar(100 kPa, 25 °C), a non ser que se indique outra cousa. |
O hidróxido de potasio, KOH, é un composto químico moi alcalino coñecido tamén cos nomes de potasa cáustica ou, cando está disolto en auga, lixivia de potasa.
Aplicacións
[editar | editar a fonte]En agricultura pode ser empregado para corrixir o pH do solo cando é ácido e tamén pode ser empregado como funxicida e como herbicida.
É un produto químico de uso industrial empregado nunha gran variedade de procesos químicos. Algunhas aplicacións son, o uso na preparación de copolímeros a partir de ésteres acrílicos, a fabricación do papel, axente de control do pH, axuda para complementos alimenticios, resinas de polietileno e catalizador nas reaccións de produción de biodiesel.
Outras aplicacións inclúen o seu uso veterinario para disolver cornos, escamas e pelos; en medicina humana, para diagnosticar enfermidades fúnxicas e disolver verrugas e cutículas. Tamén se emprega en pos de lavado, algúns limpadores de dentadura e en deterxentes sen fosfatos.
Un uso moi importante do hidróxido de potasio é o que se fai del en pilas alcalinas, nas que as disolucións de KOH actúan como electrólitos.
Ten tamén uso en electrónica, onde axuda a gravar pistas no silicio para fabricar circuítos en aplicacións tales como as microelectromecánicas.
Preparación de alimentos
[editar | editar a fonte]De xeito similar ó hidróxido de sodio, debido ás súas características alcalinas, emprégase no lavado e pelado de froitas, procesado do cacao, produción do cor caramelo, escaldado de aves de curral, espesante para xeados,... As olivas, ás veces, empápanse en lixivia de sosa ou de potasa para abrandalas. Emprégase tamén para a elaboración dun manxar escandinavo chamado “lutfisk” (Lut=lixivia, fisk=peixe, peixes á lixivia). O bacallau empápase en lixivia de sosa ou de potasa ata que adquire unha determinada consistencia. Sérvese despois con graxa de touciño, patacas, chícharos e salsa.