Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Hounds of Love

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hounds of Love
Álbum de Kate Bush
Publicado16 de setembro de 1985
Gravaciónverán de 1983 - xuño de 1985
Estudio(s)Wickham Farm Home Studio (Welling, Inglaterra)
Windmill Lane (Dublín)
Abbey Road (Londres)
Duración47:33
Xénero(s)art pop, pop progresivo, art rock, rock progresivo, new wave
Selo(s)EMI
ProdutorKate Bush
Cronoloxía
Kate Bush
(1984)
Hounds of Love The Whole Story
(1986)
Na rede
Spotify: 5BWl0bB1q0TqyFmkBEupZy Discogs: 28680 Allmusic: mw0000193149 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Hounds of Love é o quinto álbum de estudio da músico inglesa Kate Bush, publicado o 16 de setembro de 1985 a través do selo EMI Records.[1] Foi un éxito comercial e supuxo un regreso ao público para Bush despois das relativamente baixas vendas do seu álbum anterior, The Dreaming (1982). O sinxelo principal do álbum, "Running Up That Hill (A Deal with God)", converteuse nun dos maiores éxitos de Bush, odándolle o seu segundo sinxelo número un do Reino Unido en xuño de 2022. A primeira cara do álbum produciu outros tres sinxelos, "Cloudbusting", "Hounds of Love" e "The Big Sky". A segunda cara, subtitulada The Ninth Wave, forma unha suite conceptual sobre unha muller frotando soa no mar pola noite.

Hounds of Love recibiu aclamación da crítica tanto en críticas contemporáneas como retrospectivas. É considerado por moitos fans e críticos musicais o mellor álbum de Bush, e foi votado regularmente como un dos mellores discos de todos os tempos.[2] Foi o segundo álbum de Bush en encabezar a lista de álbums do Reino Unido, e nos Estados Unidos alcanzou o top 40 da Billboard 200. Hounds of Love é o álbum de estudio máis vendido de Bush,[3] xa que foi certificado dobre platino por 600 000 vendas no Reino Unido,[4] e en 1998 vendera 1,1 millóns de copias en todo o mundo.[5] O álbum foi nomeado nos Brit Awards de 1986 ao premio ao Mellor Álbum Británico, nos que Bush tamén foi nomeada ao premios de Mellor Británica Feminina e ao de Mellor Sinxelo Británico por "Running Up That Hill". En 2022 o álbum volveu entrar en varias listas, incluíndo o número un no Billboard Top Alternative Albums, debido á aparición de "Running Up That Hill" na serie de Netflix Stranger Things.[6]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Kate Bush, agás o coro tradicional gregoriano en "Hello Earth", e "My Lagan Love" (tradicional, con letras novas de John Carder Bush). 

Cara 1: Hounds of Love
N.º Título Duración
1. "Running Up That Hill (A Deal with God)"   5:03
2. "Hounds of Love"   3:02
3. "The Big Sky"   4:41
4. "Mother Stands for Comfort"   3:07
5. "Cloudbusting"   5:10

Cara 2: The Ninth Wave
N.º Título Duración
6. "And Dream of Sheep"   2:45
7. "Under Ice"   2:21
8. "Waking the Witch"   4:18
9. "Watching You Without Me"   4:06
10. "Jig of Life"   4:04
11. "Hello Earth"   6:13
12. "The Morning Fog"   2:34
Cancións extra da remasterirzación de 1997
N.º Título Duración
13. "The Big Sky" (Meteorogical Mix) 7:44
14. "Running Up That Hill" (12" Mix) 5:45
15. "Be Kind to My Mistakes"   3:00
16. "Under the Ivy"   2:08
17. "Burning Bridge"   4:38
18. "My Lagan Love"   2:30
  1. Smith, Robin (14 September 1985). "From Hills to Hounds". Record Mirror. p. 4. ISSN 0144-5804
  2. Roberts, David, ed. (2006). British Hit Singles & Albums (19th ed.). London: Guinness World Records. pp. 400-401. ISBN 978-1-904994-10-7
  3. Fitzgerald Morris, Peter (1997). Hounds of Love (libreto do CD). Kate Bush. Londres: EMI. p. 3
  4. "BPI Awards - bpi". web.archive.org. 2017-09-09. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2017. Consultado o 2024-08-24. 
  5. "100 Greatest Albums Ever". Q. No. 137. Febreiro de 1998. pp. 37-68
  6. Rutherford, Kevin (2022-06-07). "Kate Bush Earns First Billboard No. 1 Album Thanks to ‘Stranger Things’ Boost". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-08-24.