Ian McEwan
Ian McEwan ('i:ən mə'kju:ən), nado en Aldershot (Hampshire) o 21 de xuño de 1948, é un novelista inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Sussex e na Universidade de East Anglia, onde tivo como profesor a Malcom Bradbury. A primeira das súas obras que saíu á luz foi a colección de relatos First Love, Last Rites (1975). En 1997 publicou Enduring Love, arredor dunha persoa que sofre a síndrome de Clerambault. En 1998 recibiu o Booker Prize por Amsterdam, o que causou certa controversia.
En marzo e abril de 2004, uns meses despois de que o goberno británico o invitase a cear con Laura Bush, Primeira Dama dos Estados Unidos, o Departamento de Seguridade Nacional dese país impediulle a entrada ao mesmo por non ter o visado apropiado para traballar (McEwan estaba preparando unha serie de conferencias remuneradas). Foille permitida a entrada varios días despois, logo de facerse público na prensa británica, por mor da mala publicidade que estaba a causar.
Obra
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- The Cement Garden (1978).
- The Comfort of Strangers (1981).
- The Child in Time (1987).
- The Innocent (1990).
- Black Dogs (1992).
- Enduring Love (1997).
- Amsterdam (1998).
- Atonement (2001).
- Saturday (2005).
- On Chesil Beach (2007).
- Solar (2010).
Relatos
[editar | editar a fonte]- First Love, Last Rites (1975, Premio Somerset Maugham).
- In Between the Sheets (1978).
Ficción infantil
[editar | editar a fonte]- Rose Blanche (1985).
- The Daydreamer (1994).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial Ian McEwan (en inglés).