Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Iconostasio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iconostasio da Catedral da Anunciación no Kremlin de Moscova, o traballo de Theófanes o grego, (1405).

O iconostasio é unha zona nas igrexas cristiás do rito bizantino, particularmente ortodoxo, que separa, mediante unha parede de madeira ou metal o altar onde se leva a cabo a celebración polo clero oficiante (que inclúe o santuario ou presbiterio,[1] a prótese e o diaconicon) do resto da igrexa onde está o coro, o clero non oficiante e os fieis. Nesa cancela adoita colocarse diferentes tipos de pinturas ou iconas que lle dan o nome.

A palabra provén do grego antigo εἰκονοστάσι (-ον) (eikonostási (-a)), aínda en uso común en Grecia e Chipre, que significa "iconas en pé". Arquitectonicamente, comezou sendo unha cancela pero foi evolucionando e gañando altura até configurar o templon bizantino, nun proceso rematado no século XV[2].

Non é un muro senón unha separación para ocultar o altar que permite o acceso mediante unha regulamentación moi precisa[3], porque representa o acceso ao mundo divino. Costa de 3 portas: pola central, Porta Santa ou Porta Real, só pode pasar o sacerdote cos ornamentos litúrxicos ou para o bispo, mentres polas laterais pasan os diáconos durante os oficios, polo que están decoradas con anxos ou santos diáconos. Cando está aberta permite ver o altar, e cando non hai culto está pechada[4]. É un espazo pechado para os laicos, agás se teñen algunha función (servidores etc.)

  1. "iconòstasi". www.enciclopedia.cat. Consultado o 2022-02-12. 
  2. Diccionario de Arte. Biblioteca de Consulta Larousse. Barcelona: Spes Editorial SL (RBA). 2003. p. 292. ISBN 84-8332-390-7. 
  3. Donadeo, Sor María (1989). El icono, imagen de lo invisible. Narcea. p. 36. ISBN 9788427708563. 
  4. McCulloch, Diarmaid (2011). La historia de la cristiandad. Debate. ISBN 9788499920122. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]