Igrexa Palmariana
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Igrexa Palmariana | |
---|---|
Historia | |
Fundación | Século XX en O Palmar de Troia (España) |
Fundador | Clemente Domínguez |
Demografía e cultura | |
Fieis | Palmarianos |
Países | España |
Outros datos | |
Sede central | O Palmar de Troia, Andalucía |
Páxina web | https://www.iglesiapalmariana.org/ |
A Igrexa Cristiana Palmariana dos Carmelitas da Santa Faz en compañía de Xesús e María, máis coñecida como Igrexa Palmariana, é unha escisión da Igrexa Católica. É frecuentemente descrita como unha seita.
Historia
[editar | editar a fonte]A Igrexa ou Orde Palmariana xorde na década de 1960 no concello sevillano O Palmar de Troia, Andalucía. Todo comeza cunha serie de aparicións divinas nas proximidades do concello. A primeira tivo lugar a 1km deste, na propiedade "La Alcaparrosa", o 30 de marzo de 1968, e as protagonistas foron catro nenas (Ana García, Rafaela Gordo, Ana Aguilera e Josefa Guzmán) de 12 e 13 anos, que aseguraban que se lles aparecera a Virxe María. No verán desde mesmo ano, xa se produciran oito aparicións marianas. O arcebispo de Sevilla nese momento, Xosé María Bueno Monreal, difundiu un pastoral negando a veracidade dos milagres.[1]
Estes feitos foron o motivo da chegada de numerosos visitantes en busca da aparición da Virxe. Entre o grupo de testemuñas atopábase Clemente Domínguez, quen finalmente se convertería no seu líder. Pouco despois das primeiras aparicións, construíuse un altar que, máis trade, sería a primeira pedra da Igrexa do Palmar de Troia[2].
Pierre Martin Ngô-Dinh-Thuc, irmán do Presidente asasinado de Vietnam do Sur, quen fora arcebispo de Huế (Vietnam), e que fora nomeado arcebispo tamén de Bulla Regia (Tunisia) por Paulo VI, visitou Sevilla no ano 1968, onde coñeceu os fenómenos do Palmar. Regresou como peregrino en varias ocasións, e finalmente, en 1975 decidiuse a colaborar. A súa figura foi imprescindible para o comezo da Igrexa.[3]
O 30 de maio de 1975 supostamente Xesús, nunha aparición divina, pediu que fora construído un santuario sobre o xa existente altar dedicado a Virxe, situado no lugar onde se apareceu por primeira vez. Foi entón cando comezou a edificación da Basílica do Palmar.
En 1976 o arcebispo vietnamita nomeou bispos a Clemente Domínguez e o seu avogado, Manuel Alonso Corral, entre outros. Foi aquí onde nace a Organización Relixiosa dos Carmelitas da Santa Faz, que nun primeiro momento non se estableceu coma Igrexa separada, senón coma unha nova orde relixiosa.
Foise configurando como unha organización anti-marxista, anti-masónica e contraria a todo o considerado como blasfemia.[4]
Tras isto, fúndase a Igrexa Cristiana Palmariana co obxectivo de ser a única representante da palabra de Deus [5]. Clemente Domínguez, segundo os Escritos da súa Igrexa, “por orde da Santísima Virxe” autodenomínase Papa baixo o nome de Gregorio XVII, lexítimo sucesor do papa Paulo VI.
Poucos meses despois, o arcebispo vietnamita Pierre Martin Ngô-Dinh-Thuc retractouse, pero Manuel Alonso Corral atribuíu ese cambio á infiltración do marxismo e a masonería na Igrexa Católica, polo que no Palmar negáronse a deixar de consideralos bispos.
Non foi ata o 4 de xaneiro de 1988 que o Estado Español aceptou a Igrexa Cristiana Palmariana como Asociación Relixiosa. Para isto tiveron que modificar os seus Escritos, suprimindo termos como “Católica” e substituíndo o título de Papa de Clemente Domínguez por Xefe da Orde dos Carmelitas da Santa Faz.[6]
Papas
[editar | editar a fonte]Esta é a lista de Papas recoñecidos pola Igrexa Palmariana. Pódese atopar na súa páxina web oficial. Algún son anteriores á creación desta, pero recoñecidos como lexítimos.[7]
Pío XII Magno. Pastor Angélicus
[editar | editar a fonte]Pontificado: do 2 de marzo de 1939 ao 9 de outubro de 1958.
Considerado por moitos o papa Santo pola súa labor de protección da cidade de Roma durante a II Guerra Mundial. Afrontou diversas cuestións, coma o debate sobre a esencia do sacramento da ordenación, na Constitución Apostólica Sacramentum ordinis. Segundo a Igrexa Palmariana, “Eximía Guadaña contra a masonería, o agnosticismo, o modernismo, o socialismo, o comunismo, o capitalismo salvaxe, o liberalismo e outras satánicas ideoloxías”.[8]
Xoan XXIII. Pastor et Nauta
[editar | editar a fonte]Pontificado: do 28 de outubro de 1958 ao 3 de xuño de 1963.
Se ben o Papa Pío IX proclamou que o liberalismo era unha ideoloxía satánica, Xoan XXIII reconciliou a Igrexa co mundo moderno. A misa deixou de celebrarse en latí,, e puxo énfase en que o bo católica debe vivir activamente a súa fe.[9]
Paulo VI. Flos Florum
[editar | editar a fonte]Pontificado: do 19 de xuño de 1963 ao 6 de agosto de 1968.
Continuou a labor de renovación da Igrexa de Xoan XXIII. É considerado o Papa do diálogo e da reconciliación entre a Igrexa Católica e a Igrexa Ortodoxa.[10]
Gregorio XVII. De Glória Olívæ
[editar | editar a fonte]Pontificado: do 6 de agosto de 1978 ao 21 de marzo de 2005.
En 1978, Clemente Domínguez declarou que fora nomeado Papa polo mesmo Xesucristo nunha visión, e que era o único e lexítimo sucesor de Paulo VI, facéndose chamar dende ese momento Gregorio XVII. Nomeou aos seus propios purpurados e excomungou a Xoan Paulo II por usurpador, apóstata, traidor antipapa e precursor do Anticristo.[11]
Pedro II. De Cruce Apocalýptica
[editar | editar a fonte]Pontificado: do 21 de marzo de 2005 ao 15 de xullo de 2011.
Manuel Alonso Corral, o que fora avogado de Clemente Domínguez, trala morte deste, autonomeouse Papa baixo o nome de Pedro II. Tanto el coma Gregorio XVII nunca foron recoñecidos pola Igrexa Católica. Foron considerados como Antipapas.[12]
Ex Papa Gregorio XVIII. O Apóstata
[editar | editar a fonte]Pontificado: dende xullo de 2011 ata principios de 2016.
O ex militar español Xinés Hernández e Martínez, tras a morte do Papa Pedro II, ocupou o seu lugar co nome de Gregorio XVIII. En 2016 abandonou a súa vida relixiosa para casar.[13] Declarou ese mesmo ano que “dende o principio todo foi unha montaxe”[14]. É considerado un traidor á Igrexa Palmariana.[15] Foi excomungado.[16]
Uns anos despois de renunciar, intentou roubar na Basílica Palmariana xunto a súa muller (Nieves Triviño, ex monxa palmariana) e acabou sendo apuñalado.
Pedro III. De Glória Ecclésiæ
[editar | editar a fonte]Actual Papa. Markus Josef Odermatt, nado en Suíza, foi nomeado sucesor polo propio Gregorio XVIII. Adoptou o nome de Pedro III.[17]
Características
[editar | editar a fonte]As misas son en latín e as mulleres deben rezar cun velo cubríndolles o pelo. Ademais, as mulleres teñen prohibido usar pantalón. Non poden empregar roupa curta nin demasiado cinguida. Para asistir á misa, deben levar roupa formal. Teñen prohibido falar con persoas excomungadas pola Igrexa Palmariana e moitas restricións no acceso á cultura e ao ocio; non poden ver cine, ler a prensa, ver a televisión ou mesmo ir á praia. Antigos participantes do culto aseguran que co paso dos anos as restricións foron medrando.
Os membros do culto son sometidos a unha estrita vixilancia. Non está permitido entrar á Basílica se non se pertence á Igrexa, e non están permitidas as fotografías ou vídeos no interior.[18][19]
Principais doutrinas
[editar | editar a fonte]- Planeta María: Crenza de que existe o Planeta de María, onde o pecado orixinal non existe.[20]
- Misa: Non empregan a misa Tridentina dende a década do anos 80. Usan unha breve versión: o rito palmariano.[21]
- Biblia: Dende o 2001, a Igrexa do Palmar só usa a Biblia Palmariana.[22]
Santos
[editar | editar a fonte]Recoñece a todos os canonizados pola Igrexa Católica ata a morte de Paulo VI en 1978. A Igrexa Palmariana santificou a diferentes personalidades, entre outras a Cristovo Colón, Pelaio, o Cardeal Cisneros, Xosé Calvo Sotelo, Xosemaría Escrivá de Balaguer, Primo de Rivera, Carrero Blanco ou Francisco Franco que consideran salvador da Igrexa. Tamén recoñece como Santos aos Papas palmarianos Gregorio XVII e Pedro II.[23]
Excomungados
[editar | editar a fonte]Recoñece a todos os excomungados pola Igrexa Católica ata a morte de Paulo VI en 1978. A maiores a Igrexa Palmariana excomungou entre outros a:
- Todos os papas, cardeais, arcebispos e bispos da Igrexa católica a partir da morte de Paulo VI.
- Superiores de todas as ordes relixiosas da Igrexa Católica, excepto o fundador do Opus Dei.
- Rei Xoán Carlos I, Filipe VI de España e toda a Familia Real.
- Todos os sacerdotes obreiros.
- Todos os comunistas e socialistas.
- Todas as persoas que viran algunha das seguintes películas: Xesucristo Superstar, Manuel e Clemente e O verde comeza nos Pireneos.
- Todos aqueles que se manifesten publicamente en contra da Igrexa Palmariana.
- Todos os membros que abandonen a orde.
- Xesús Hernández e Martínez (Papa Gregorio XVIII) e a súa muller Nieves Triviño (ex monxa palmariana).[24][25]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ https://www.iglesiapalmariana.org/
- ↑ https://sevilla.abc.es/provincia/utrera/sevi-cual-verdadero-origen-palmar-troya-202002271253_noticia.html?ref=https%3A%2F%2Fsevilla.abc.es%2Fprovincia%2Futrera%2Fsevi-cual-verdadero-origen-palmar-troya-202002271253_noticia.html
- ↑ https://www.iglesiapalmariana.org/el-papa-pedro-iii-es/
- ↑ https://www.iglesiapalmariana.org/el-papa-pedro-iii-es/
- ↑ https://www.iglesiapalmariana.org/
- ↑ https://sevilla.abc.es/provincia/utrera/sevi-cual-verdadero-origen-palmar-troya-202002271253_noticia.html?ref=https%3A%2F%2Fsevilla.abc.es%2Fprovincia%2Futrera%2Fsevi-cual-verdadero-origen-palmar-troya-202002271253_noticia.html
- ↑ https://www.iglesiapalmariana.org/
- ↑ https://www.biografiasyvidas.com/biografia/p/pio_xii.htm
- ↑ https://www.lavanguardia.com/historiayvida/historia-contemporanea/20180601/47313740219/por-que-fue-importante-el-papa-juan-xxiii.html
- ↑ https://www.biografiasyvidas.com/biografia/p/pablo_vi.htm
- ↑ https://www.iglesiapalmariana.org/
- ↑ https://www.iglesiapalmariana.org/
- ↑ https://www.iglesiapalmariana.org/
- ↑ http://politica.elpais.com/politica/2016/05/21/actualidad/1463867670_909220.html
- ↑ https://www.elespanol.com/reportajes/20210727/romances-navajazos-marihuana-ultimo-gines-palmar-troya/599441372_0.html
- ↑ https://www.iglesiapalmariana.org/
- ↑ https://www.iglesiapalmariana.org/
- ↑ https://sevillasecreta.co/5-curiosidades-del-palmar-de-troya-el-enemigo-del-vaticano-de-sevilla/
- ↑ https://www.caninomag.es/las-10-cosas-debes-saber-la-iglesia-del-palmar-troya/
- ↑ https://es.catholic.net/op/articulos/62051/el-palmar-de-troya-siempre-ha-sido-un-negocio-y-un-peligro-para-sus-miembros.html
- ↑ https://wwwmileschristi.blogspot.com/2016/04/el-palmar-de-troya-historia-secreta.html
- ↑ https://wwwmileschristi.blogspot.com/2016/04/el-palmar-de-troya-historia-secreta.html
- ↑ https://www.iglesiapalmariana.org/
- ↑ https://www.iglesiapalmariana.org/
- ↑ https://www.caninomag.es/las-10-cosas-debes-saber-la-iglesia-del-palmar-troya/
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa Palmariana |