Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Igrexa nova de Delft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa nova de Delft
Igrexa nova (Nieuwe Kerk) de Delft.
Datos xerais
PaísPaíses BaixosPaíses Baixos
Rexión Holanda Meridional
TipoIgrexa
AdvocaciónSanta Úrsula
Localización Delft
Coordenadas52°00′44″N 4°21′37″L / 52.012139, 4.360194
Culto
CultoIgrexa protestante
Arquitectura
Construción1396 (comezo)
EstiloArquitectura gótica
Páxina weboudeennieuwekerkdelft.nl
editar datos en Wikidata ]

Igrexa nova de Delft (en neerlandés: Nieuwe Kerk) é o nome co que se coñece unha igrexa protestantes estilo gótico dos Países Baixos, erguida no século XIV, situada na cidade de Delft, na Holanda Meridional.

A igrexa está situada na Gran Praza (Markt) de Delft, fronte ao antigo edificio do concello de Delft.

A impoñente torre da campá da igrexa chega aos 108,75 metros de altura. É a segunda máis alta dun edificio relixioso nos Países Baixos, por detrás da torre da catedral de San Martiño, de Utrecht, que chega aos 112 metros.[1]

Esta igrexa goza dun recoñecemento particular, polo feito de albergar o panteón real da casa de Orange-Nassau. En 1967 recibiu a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument).[2]

Ao principio, a igrexa consistía nun edificio provisional de madeira, en torno ao cal se construíu a basílica tal e como pode ser contemplada na actualidade. A antiga igrexa de madeira, que se mantivo ata 1420, foi consagrada a María.[3]

A basílica cruciforme edificouse a partir do ano 1396 nun estilo gótico flamíxero ateigado de mostras do simbolismo cristián. O plano en forma de cruz refire a Cristo, as doce columnas do corazón aos doce apóstolos, os catro piares do cruceiro representan os catro evanxelistas e as dezaseis columnas da nave central representan os dezaseis profetas. A construción realizouse exactamente arredor do que foi a antiga igrexa provisional de madeira.

As vidreiras de cores do transepto e o amplo deambulatorio son obra de Willem Van Konijnenburg (1927-1936). A vidreira que representa a Hugo Grotius, situada na ala norte do transepto, caracterizada polos seus tons fríos gris e azuis, débeselle ao mestre Joep Nicolas.

Panteón real da casa de Orange-Nassau

[editar | editar a fonte]
Vista da antiga bóveda de 1890
Plano da cripta real

O mausoleo de Guillerme, o Taciturno elévase no coro, sobre a cripta real. Este edificio renacentista de mármore foi levantado por Hendrick de Keyser entre 1614 e 1621. No centro dun perístilo flanqueado por grandes alegorías, o príncipe está en traxe de desfile baixo a mirada dunha deusa Fama de bronce. Aos seus pés hai unha figura do seu fiel can que un día lle salvou a vida. Na cabeza da estatua xacente de mármore, unha estatua de bronce representa o príncipe con armadura.

No centro do coro, a entrada á cripta dos príncipes está sinalada por unha gran lousa brasonada.

Príncipes e reis soterrados na cripta

[editar | editar a fonte]

Na igrexa nova están soterradas moitas persoas pertencentes á familia Orange-Nassau e á actual familia real dos Países Baixos. Esta é unha listaxe dos príncipes e os monarcas:[4]

  1. Información sobre a torre da igrexa Arquivado 11 de outubro de 2017 en Wayback Machine.. En oudeennieuwekerkdelft.nl. (en castelán)
  2. Ficha de inscrición do monumento no Rijksmonumentenregister Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  3. Notas sobre a historia da igrexa Arquivado 11 de outubro de 2017 en Wayback Machine.. En oudeennieuwekerkdelft.nl. (en castelán)
  4. Retratos e notas biográficas Arquivado 11 de outubro de 2017 en Wayback Machine. sobre algunhas destas personalidades. En oudeennieuwekerkdelft.nl. (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]