Il pirata
Il pirata O pirata | |
---|---|
Libreto de Il pirata para La Scala (1827). | |
Forma | Ópera seria |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Felice Romani |
Fontes literarias | Bertram, or The Castle of Saint Aldobrand, de C. Maturin |
Estrea | 27 de outubro de 1827 |
Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
Lugar da estrea | Milán |
Duración | 2 horas 30 minutos |
Música | |
Compositor | Vincenzo Bellini |
Localización da partitura | Conservatorio San Pietro a Majella (Nápoles) |
Personaxes | |
Il pirata (en galego, O pirata) é unha ópera en dous actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Felice Romani, a partir dunha tradución francesa da obra tráxica Bertram, or The Castle of Saint Aldobrand de Charles Maturin, a pesar de que o seu título foi tomado, presumiblemente, da novela The Pirate, de Walter Scott. Foi estreada no Teatro alla Scala de Milán o 27 de outubro de 1827.
A obra orixinal ten sido comparada coa ópera de Bellini e se destacou a influencia de Il Pirata en Lucia di Lammermoor de Gaetano Donizetti.[2] Tamén se analizou a forma en que Bellini reciclou música propia nesta ópera, así como o seu emprego dun "estilo compositivo máis conscientemente innovador" e a súa maior participación na elaboración do libreto, en comparación con esforzos precedentes onde mostraba unha maior deferencia cara aos libretistas elixidos polo empresario da ópera napolitana e os correspondentes textos.[3] Ademais, un comentario do século XIX observou a influencia musical de Il Pirata na ópera temperá de Richard Wagner Das Liebesverbot[4]
Esta ópera, dunha considerable dificultade e moi poucas veces programada antes do renacemento belcantista da segunda metade do século XX, tense difundido gradualmente a través de gravacións realizadas por grandes divas. A recuperación de 'Il pirata débese á gravación que realizou Maria Callas en 1959, que aínda que severamente curtada, deu a coñecer a primeira ópera adulta de Bellini con tódalas súas belezas. Callas fixo un esforzo pra dar dignidade a unha gravación cun equipo vogal moi frouxo e un director que impulsaba á orquestra de xeito verdiano. Porén, na súa interpretación consérvase todo o que se puido salvar deste naufraxio, sobre todo a famosa aria Col sorriso d'innocenza, da cal existen outras gravacións da diva italiana.[5]
Esta ópera rara vez se representa na actualidade; nas estatísticas de Operabase [6] aparece con só 5 representacións para o período 2005-2010.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 27 de outubro de 1827 (Director: -) |
---|---|---|
Ernesto, Duque de Caldora | barítono | Antonio Tamburini |
Imogene, súa dona | soprano | Henriette Méric-Lalande |
Gualtiero, anterior Conde de Montalto, agora pirata | tenor | Giovanni Rubini |
Itulbo, tenente de Gualtiero | tenor | Lorenzo Lombardi |
Goffredo, un ermitán, no pasado titor de Gualtiero | baixo | Pietro Ansilioni |
Adele, acompañante de Imogene | soprano | Marietta Sacchi |
Un neno, fillo de Imogene e Ernesto | papel mudo | |
Pescadores e mulleres, piratas, cabaleiros, damas |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guía visual de la Ópera, Espasa.
- ↑ Stephen A. Willier, "Madness, the Gothic, and Bellini's Il pirata". The Opera Quarterly, 6, 7-23 (1989).
- ↑ Mary Ann Smart, "In Praise of Convention: Formula and Experiment in Bellini's Self-Borrowings", Journal of the American Musicological Society, 53(1), pp. 25-68 (Primavera, 2000).
- ↑ "Wagner on Bellini", The Musical Times and Singing Class Circular, 27(516), pp. 66-68 (1886).
- ↑ ALIER, Roger. Guia Universal de la ópera. Barcelona, 2007, Ediciones Robinbook. ISBN 978-84-96924-03-1 (en castelán)
- ↑ "Estatísticas en Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 11 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |