Illa Inaccesible
(en) Inaccessible Island | |||||
Tipo | illa volcán escudo | ||||
---|---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Tristan da Cunha | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Tristan da Cunha, Santa Helena | ||||
Localización | Océano Atlántico | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Características | |||||
Altitude | 0 m 511 m | ||||
Dimensións | 5 () × 6 () km | ||||
Punto máis baixo | valor descoñecido (0 m ) | ||||
Punto máis alto | valor descoñecido (511 m ) | ||||
Superficie | 14 km² | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 2004 (28ª Sesión) | ||||
Identificador | 740-002 | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1652 e 1656 | ||||
Sitio web | uclan.ac.uk… | ||||
A Illa Inaccesible é un volcán extinguido (activo por última vez hai uns seis millóns de anos) co pico Cairn alcanzando 449 m.[1] A illa ten 14 km² de superficie, no océano Atlántico sur a 45 km ao suroeste de Tristan da Cunha.
Forma parte do arquipélago de Tristan da Cunha, que é parte do territorio de ultramar do Reino Unido coñecido como Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha. Xunto coa Illa Gough, Illa Inaccesible é unha reserva natural protexida e ambos forman o Patrimonio da Humanidade da UNESCO das Illas Gough e Inaccesible.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa Inaccesible foi descuberta en xaneiro de 1656, durante unha viaxe por ´t Nachtglas, un buque holandés baixo o mando de Jan Jacobszoon,[2] 146 anos logo de que Tristan da Cunha foi vista por primeira vez polos mariñeiros portugueses. Jacobszoon nomeou orixinalmente a illa como "Nachtglas".
Hai dúas explicacións para o nome da illa "inaccesible". Unha é que nos mapas da illa recentemente descubertos era referida como "inaccesibles" porque o equipo holandés que desembarcou non foi capaz de chegar ao seu interior.[3] Outras afirmacións din que o capitán francés d'Etcheverry cambiou o nome da illa en 1778 logo de non poder desembarcar.[1][4] En 1803, cazadores de focas estadounidenses dirixidos por Amasa Delano tocaron terra na illa.[2]
Os irmáns Stoltenhoff, que chegaron de Alemaña a Inaccesible en 1871, viviron alí durante varios anos coa intención de facer a caza de focas a súa forma de vida e vender os seus produtos aos comerciantes que pasaban (esquecendo a escasa frecuencia na que Inaccesible tiña visitantes). Debido á escaseza de alimentos, "enchéronse de alegría" ao ser rescatados en 1873 durante a visita do HMS Challenger para examinar a flora e a fauna existente.[5] O autor de Suráfrica Eric Rosenthal relatou a aventura en 1952.[6] A próxima Illa Stoltenhoff leva o nome dos irmáns.
En 1922, o barco Quest da Expedición Shackleton-Rowett, detívose brevemente en Inaccesible, o naturalista de a bordo Hubert Wilkins descubriu un paxaro chamado máis tarde (na súa honra) do Nesospiza wilkinsi.
En 1938, unha Expedición Científica Noruega pasou tres semanas na illa, tempo durante o cal amañouse para acceder á meseta e catalogar amplamente plantas, paxaros e rochas.
Outro intento de topografar a illa fíxose durante a expedición de 1962 da Royal Society a Tristan da Cunha, que levou científicos á illa Inaccesible. Do mesmo xeito que moitos outros exploradores antes ca eles, os científicos non foron quen de chegar ao interior da illa.
Inaccesible foi declarada reserva natural en virtude da Ordenanza de Conservación de Tristan da Cunha de 1976. Aos insulares de Tristan, con todo, aínda se lles permite explotar as aves mariñas da illa.
Nunha expedición de 1982 (16 de outubro de 1982 ao 10 de febreiro de 1983), os estudantes e profesores do Colexio Denstone en Inglaterra fixeron mapas detallados da illa, estudaron a flora, a fauna e a xeoloxía. Levaron a cabo un programa de marcado de máis de 3.000 paxaros.[7]
En 1997, as augas territoriais da illa Inaccesible de 22 km foron declaradas reserva natural en virtude da Ordenanza de Conservación de Tristan da Cunha, de 1976. Na actualidade, só se lles permite aos guías de Tristan visitar con barcos a illa Inaccesible; de feito, a maioría das viaxes á illa fanse a petición de expatriados.
En 2004, a illa Inaccesible engadiuse ao Patrimonio da Humanidade da UNESCO xunto a illa Gough para crear un novo sitio de Gough and Inaccessible Islands.
Con frecuencia atópase nas listas de nomes de lugares infrecuentes.[8]
Naufraxios
[editar | editar a fonte]Polo menos tres naufraxios confirmados producíronse na costa da illa Inaccesible.
O primeiro, e máis dramático, foi o do Blenden Hall, un buque británico fretado pola Compañía Británica das Indias Orientais, que partiu en 1821 con 84 pasaxeiros e tripulantes a bordo. Coa intención de pasar de longo Santa Helena, as correntes adversas levárono cara a Tristan da Cunha. Encallou na illa Inaccesible e sufriu unha fractura na popa, pero o castelo de proa acabou preto da costa. Todos menos dous das persoas a bordo sobreviviron ao naufraxio, e subsistiron a base de apio silvestre, focas, pingüíns e albatros, lograron construír barcas algúns meses máis tarde. O primeiro intento de navegar a Tristan fallou, o que resultou na perda de seis persoas, pero o segundo intento alertou aos habitantes de Tristan da súa difícil situación. O resto foi entón levado a Tristan, onde a maioría deles foron logo levados por un bergantín a Cidade do Cabo, Suráfrica.
Os outros dous naufraxios son os restos do naufraxio do Shakespeare en Pig Beach en 1883 e o Helen S Lea no North Point en 1897.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Inaccessible Island". Tristandc.com. Consultado o 2013-08-06.
- ↑ 2,0 2,1 Chronological List of Antarctic Expeditions and Related Historical Events - Google Książki. Books.google.nl. Consultado o 2013-08-06.
- ↑ "History of Inaccessible Island, South Atlantic Ocean". archive.is. Archived from the original on 29 de xuño de 2012. Consultado o 2014-07-24.
- ↑ Édouard Ducéré, Histoire maritime de Bayonne: Les corsaires sous la̓ncien régime (Bayonne, 1895:307-24) reproduces the sieur d'Etcheverry's manuscript narrative of his voyage to Moluccas in 1770 in the Etoile du Matin and mentions a second voyage in 1772.
- ↑ A Naturalist on the "Challenger", H. N. Moseley. Page 116. Macmillan and Co., 1879. Fetched from archive.org on 3 de xuño de 2009.
- ↑ Rosenthal, Eric (1952) Shelter from the Spray, Cape Town, South Africa: Howard Timmins
- ↑ Denstone Expedition to Inaccessible Island: Denstonian Supplement (Autumn 1983), page 2.
- ↑ Parker, Quentin (2010). Welcome to Horneytown, North Carolina, Population: 15: An insider's guide to 201 of the world's weirdest and wildest places. Adams Media. pp. x.