Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Illas Peláxicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIllas Peláxicas
Imaxe
Tipogrupo de illas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de Agrigento, Italia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 35°31′21″N 12°36′18″L / 35.5225, 12.605
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Altitude186 m Editar o valor en Wikidata
Superficie25,5 km² Editar o valor en Wikidata
Tartaruga cabezuda.

O arquipélago das Peláxicas (Isole Pelagie en Italiano) sitúase no mar Mediterráneo, a medio camiño entre a illa de Sicilia e a costa africana de Tunisia, ao oeste de Malta. Está formado por tres illas maiores, Lampedusa, Linosa e Lampione. O nome Peláxico deriva da voz grega «pelaghia», que significa «mar aberto». O arquipélago é a parte máis austral de Italia (Illa de lampedusa) e pertence á provincia de Agrigento, da rexión siciliana.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Son tres pequenas illas volcánicas, de baixa altura sendo a altitude máxima o monte Vulcano (186 m), na illa Linosa. As súas costas son especialmente altas e dentadas. Xeoloxicamente, pertencen ao continente africano, xa que son unha prolongación da súa plataforma continental. A poboación do arquipélago é duns 6.450 habitantes.

A illa máis grande é Lampedusa, con preto de 20 km² de superficie, e é tamén a máis poboada (6025 habitantes). Está situada a 124 km de África (Punta de Chebba) e a 210 de Sicilia (Golfo de Gela). A segunda illa en superficie é Linosa, situada a uns 40 km ao nordés de Lampedusa, que ten 5,43 km² e contaba con 433 habitantes (2001). A máis pequena é Lampione (1,2 km²), situada a uns 20 km ao oeste de Lampedusa, e a 110 do continente africano, que permanece deshabitada.

Sen considerar pequenos puntos de agricultura, as illas atópanse deforestadas debido á talla indiscriminada e a desaparición dos cultivos ancestrais de oliveiras, cimbros e alfarrobeiras. Hai cincuenta anos, a maior parte do terreo dedicábase ao cultivo, e estaba cercada por muros de pedra. Actualmente, a economía local depende da pesca (esponxas de mar e industria conserveira), e o turismo en Lampedusa.

Reserva natural das illas Peláxicas

[editar | editar a fonte]

Creada en 2002, está considerada como espazo de interese natural pola Unión Europea. Alberga unha poboación autóctona de tartaruga boba (caretta caretta), que está en perigo de extinción por mor da pesca indiscriminada e o turismo. É o único sitio onde pon ovos regularmente no Mediterráneo.