Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Illas Senkaku

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIllas Senkaku
尖閣諸島 (ja)
钓鱼岛及其附属岛屿 (zh-cn)
釣魚臺列嶼 (zh-tw)
魚蒲葵島 (ryu) Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 25°44′42″N 123°29′06″L / 25.745, 123.485
Territorio reivindicado porXapón e Taiwán, Xapón e República Popular da China e República Popular da China e Taiwán Editar o valor en Wikidata
País insularTaiwán
Former provinces of the Republic of China (en) TraducirProvíncia de Taiwan (pt) Traducir
CondadoCondado de Yilan (pt) Traducir
Urban township of Taiwan (en) TraducirToucheng (en) Traducir
Village (en) TraducirDaxi Village (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación0 (2020) Editar o valor en Wikidata (0 hab./km²)
Xeografía
Superficie7 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar da China Oriental Editar o valor en Wikidata
Altitude383 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Evento clave
11 de setembro de 2012contrato de compra e venda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Páxina webdiaoyudao.org.cn Editar o valor en Wikidata
Localización das illas Senkaku
As illas, Kitakojima (esquerda) e Minamikojima.

As illas Senkaku (en xaponés: 尖閣諸島 | Senkaku-Shotō ou Diaoyutai; en chinés: 釣魚台及其附屬島嶼 釣魚台列島 Diàoyútái Lièdǎo) son un grupo de illas situadas no extremo occidental do arquipélago xaponés, que están en disputa entre o Xapón, a República Popular da China e a República da China (Taiwán) desde hai xa varias décadas.[1]

Xapón, logo de abolir e anexionarse en 1879 o Reino de Ryukyu (actaumente prefectura de Okinawa), exerceu máis influencia sobre os territorios con que limitada. De feito, despois da vitoria sobre a China na I Guerra Sino-Xaponesa nos anos 1894 e 1895, tomou posesión dos territorios da illa de Taiwán e dos seus arquipélagos adxacentes.

En 1895, Xapón tomou o control das illas Senkaku/Diaoyu alegando o principio do dereito internacional de terra nullius. Baixo a administración nipoa, desde 1895 a 1940, houbo alí unha fábrica de katsuobushi (bonito secado) e establecéronse preto de 200 residentes xaponeses nas illas. Co fin da segunda guerra mundial, as illas pasaron a estar baixo o control dos países aliados, nun tempo en que a China sostiña unha guerra civil. Os Estados Unidos administraron as illas e a súa Armada usou Kuba-jima e Taisho-jima como zonas de manobra militar. En 1971 descubriron a posibilidade de reservas de gas e petróleo e, a continuación, China e Taiwán comezaron a reivindicar o dominio do arquipélago. En 1972 o arquipélago de Okinawa foi devolto ao Xapón e, nese marco, os Estados Unidos cederon tamén ao Xapón a administración das illas Senkaku/Diaoyu.[2]

En 1978, un grupo nacionalista xaponés construíu un faro en Uotsuri Jima, que o goberno nipón tomou baixo o seu control en 2005. Esta construción foi moi contestada polos gobernos de Taiwán e da China.

O día 7 de outubro de 1996, algúns manifestantes colocaron as bandeiras de Taiwán e da República Popular da China na illa principal, pero axiña foron evacuados polos xaponeses e as bandeiras foron retiradas.

En setembro de 2012, o goberno xaponés anunciou a compra, feita por cidadáns xaponeses, de tres das illas, o que provocou novamente reaccións por parte dos outros dous países[3][4]. A Armada chinesa enviou dúas patrulleiras ata preto de 400 metros das illas, é dicir, dentro xa das augas de xurisdición nipoa. O Goberno anunciou que se preparesen para unha posible guerra.[5]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
  • Área de illa total: 7 km2.
  • Poboación: 0.
  • Coordenadas: 25° 58' - 25° 41' 45" N, 123° 27' 45" - 124° 41' 30" E

O arquipélago está formado por cinco illas volcánicas:

  • Uotsuri shima (魚釣島) ou Diaoyu Dao (釣魚島本島 ou 主島): 4,319 km2.
  • Kuba shima (久場島) ou Huangwei Yu (黃尾嶼 "Cola Amarela"): 1,08 km2.
  • Taishō-by (大正島) ou Chiwei Yu (赤尾嶼 "Cola Vermella").
  • Kita Kojima ou Beixiao Dao (北小島 "Illa do Norte").
  • Minami Kojima ou Nanxiao Dao (南小島 "Illote do Sur").

E tres penedos:

  • Okino Kitaiwa (沖ノ北岩 "Penedo Norte de Mar Aberto").
  • Okino Minamiiwa (沖ノ南岩 "Penedo Sur de Mar Aberto").
  • Tobise (飛瀬)

As illas están situadas a 140 km do illote Pengjia, de Taiwán, e a 170 km ao norte da illa de Ishigaki, do Xapón.

Vista aérea de Diaoyu Dao ou Diaoyu Tai Jima Uotsuri.

Diaoyu Dao/Uotsuri Jima, a illa máis grande, ten un gran número de especies endémicas, como Mogera uchidai e as formigas Okinawa-kuro-oo-ari, pero estas especies están ameazadas por cabras domésticas introducidas na illa no ano 1978.

  1. Senkaku/Diaoyutai Islands. En GlobalSecurity.org. Military.[En inglés]
  2. Finney, John W. Senate Endorses Okinawa Treaty; Votes 84 to 6 for Island's Return to Japan, New York Times (11 de novembro de 1971). Congressional Research Service Report 96-798 Arquivado 23 de novembro de 2012 en Wayback Machine.. [En inglés]
  3. Japão quer nacionalizar ilhas reivindicadas pela China. En Jornal de Notícias. 7 de xullo de 2012. [En portugués]
  4. Japão vai comprar ilhas reivindicadas pela China. En Sapo.pt. 5 de setembro de 2012. [En portugués]
  5. China envía dos patrulleras a las aguas del archipiélago que disputa a Japón, En El Mundo. 11 de setembro de 2012. [En castelán]