Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Inmunoterapia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A inmunoterapia, bioterapia, terapia biolóxica, terapia modificadora da resposta biolóxica ou terapia MRB, en medicina, refírese ó conxunto de estratexias de tratamento para estimular ou repor o sistema inmunitario fronte ó cancro, infeccións ou outras doenzas así como para minguar os efectos secundarios de tratamentos moi agresivos usados contra o cancro. O obxectivo pode ser profiláctico (preventivo) ou terapéutico (curativo ou de mantemento). Dentro dos tratamentos biolóxicos están os anticorpos monoclonais, as vacinas e os denominados factores de crecemento.[1]

As moléculas activas implicadas na inmunoterapia denomínanse inmunomoduladores. A maior parte son citoquinas e algunhas delas, por exemplo o factor estimulante de colonias de granulocitos (G-CSF, Granulocyte colony-stimulating factor) ou o interferón, xa están a ser usados en clínicas. Outros tipos de citoquinas, como as interleuquinas 1, 2, 6, 8 e o factor de necrose tumoral [TNF-α], están a utilizarse en numerosos ensaios clínicos e outros estudos preliminares para un futuro uso en inmunoterapia.