Irrelixión
Irrelixión[1] é a ausencia, indiferenza, rexeitamento ou hostilidade cara a relixión.[2][3] Algúns segmentos poden posicionarse contrarios e, eventualmente, inclusive ser hostís ás relixións, como pode ser o caso do anticlericalismo, do antiteísmo e da antirrelixión. Cando é definida como indiferenza á relixión, inclúe o apateísmo. A irrelixión tamén consiste parcialmente no rexeitamento da crenza relixiosa, onde se insire o ateísmo e o humanismo secular. Cando é definida como a ausencia de crenza relixiosa, pode incluír algunhas persoas que serían incluídas no agnosticismo, ignosticismo, non teísmo, deísmo, pandeísmo, escepticismo relixioso, pensamento libre e a non-crenza. A irrelixión pode até incluír formas de teísmo dependendo do contexto relixioso, como na Europa do século XVIII, onde o epítome da irrelixión foi o deísmo.[4]
Algunhas evidencias suxiren que o status relixioso que máis medra nos Estados Unidos é o status denominado "sen relixión".[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para irrelixión.
- ↑ "Irreligion as presented in 26 reference works".
- ↑ Compact Oxford Dictionary (ed.). Definition including hostility and indifference. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 23 de xaneiro de 2018.
- ↑ Campbell, Colin. 1971. Towards a Sociology of Irreligion. Londres: McMillan p. 31.
- ↑ American Nones: The Profile of the No Religion Population Arquivado 07 de outubro de 2009 en Wayback Machine. A Report Based on the American Religious Identification Survey 2008
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Irrelixión |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Coleman, T.J. III, Hood Jr., R., & Shook, J. (2015). An Introduction to Atheism, Secularity, and Science. Science, Religion and Culture, 2(3), 1–14. doi:10.17582/journal.src/2015/2.3.1.14