Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Isabel Seca Vijande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsabel Seca Vijande
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
A Pontenova, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira química Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5329521

Isabel Seca Vijande, nada na Pontenova o 25 de setembro de 1982 é unha enxeñeira química, científica, activista social e divulgadora científica galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Titulada en Enxeñaría Superior Química pola Universidade de Santiago de Compostela, onde publicou artigos sobre o uso de biofilmes para o procesado de augas de refugallo[1] e o funcionamento dos reactores anamox, tema da tesiña do seu Diploma de Estudos Avanzados en Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos. Desenvolveu tamén investigacións sobre o aproveitamento dos refugallos da industria leiteira na Universidade de Coímbra, no marco do seu proxecto de fin de carreira.

Desde 2015 escribe artigos de divulgación científica no portal GCiencia[2], e no Portal Galego da Língua[3], entre outros medios.

Por volta do 2006 comezou a colaborar coa asociación Verdegaia en cuestións de defensa e educación ambiental. Foi unha das fundadoras da Semente, Escolas de Ensino Galego[4][5] no 2011. Foi unha das iniciadoras do movemento de autodefensa feminista que xurdiu en Santiago de Compostela no 2016.[6]

Dende 2016 é profesora interina de TIC e Tecnoloxía na Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

  1. Seca, I.; Torres, R.; Val del Río, A.; Mosquera-Corral, A.; Campos, J. L.; Méndez, R. (2011). "Application of biofilm reactors to improve ammonia oxidation in low nitrogen loaded wastewater". Water Science and Technology: A Journal of the International Association on Water Pollution Research 63 (9): 1880–1886. ISSN 0273-1223. PMID 21902026. 
  2. "Isabel Seca Vijande, autor en GCiencia". GCiencia. Consultado o 2019-04-19. 
  3. "Isabel Seca, Autor em Portal Galego da Língua - PGL.gal". Portal Galego da Língua - PGL.gal (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2019. Consultado o 2021-06-20. 
  4. "Un ano de escola de base en galego". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-10-14. 
  5. A semente que está a agromar. Escena en Minuto 1:49. 
  6. "Compostela Decide | Orzamentos Participativos | Aulas de Autodefensa para Mulleres". Compostela Decide. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2020.