Istmo
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Un istmo é un brazo de terra entre linguas de auga que une dúas porcións de terra maiores, como por exemplo unha península a un continente.
O istmo máis famoso é sen dúbida o istmo de Panamá, que conecta a América do Norte á América do Sur. Pódense tamén citar:
- o primeiro istmo a ser chamado así foi o Istmo de Corinto, en Grecia
- o istmo de Dubrovnik - hoxe Stradun, (rua principal), que conecta Laus e Dubraba nunha única cidade.
- o istmo de entre África e Asia, en Exipto, onde foi construída a Canle de Suez.
- o istmo de Kra, que liga a península malaia con Asia.
- o istmo de Avalon, no Canadá, separa a illa principal de Terra Nova da península de Avalon, onde se sitúa a capital Saint John's.
- o istmo de Tehuantepec en México
Os istmos son lugares estratéxicos para a construción de canles:
- A Canle de Panamá, que conecta o océano Atlántico e o océano Pacífico, reduce drasticamente o traxecto marítimo entre a costa leste e a costa oeste de América do Norte
- A Canle de Suez, mencionado anteriormente, é un outro exemplo, pois permite ligar Europa e Asia sen contornar África.
Os istmos son o inverso dos estreitos. Así, mentres que os istmos ligan dúas extensións de terra entre dúas extensións de auga, os estreitos unen dúas extensións de auga entre dúas extensións de terra.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Istmo |