Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Ithkuil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ithkuil
Iţkuîl
Pronuncia:/ɪθˈkʊ.il/
Creado por: John Quijada19782011
Total de falantes: ningún
Categoria (propósito): Lingua artificial
 Ithkuil
Status oficial
Lingua oficial de: Ningures
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: art
Mapa
Status

O ithkuil é unha lingua construída experimental desenvolvida por John Quijada[1] entre 1978 e 2011. Foi elaborada coa intención de expresar a cognición humana con máis clareza. A súa gramática é extremamente complexa e posúe unha énfase na categorización de elementos. Pode ser considerada unha lingua tanto lóxica como filosófica.

Ó formular unha frase en ithkuil, unha persoa debe considerar factores como que a motivou a formular tal frase, cal é seu obxectivo ó dicila, como se chegou ás afirmacións, entre outras cousas.

Diferente do esperanto, o ithkuil non foi creado para ser unha lingua auxiliar, senón unha lingua de sectores máis profundos tales como a filosofía, as ciencias, as artes e a política.[2]

Ninguén, nin sequera o propio Quijada, é capaz de falar ithkuil.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra Îţkûil en Ithkuil pode ser traducida como "representación hipotética dunha lingua".

Referencias
  1. Joshua Foer, "John Quijada and Ithkuil, the Language He Invented", The New Yorker, 24 de decembro de 2012.
  2. Ithkuil FAQs