Jack Benny
Jack Benny, nado como Benjamin Kubelsky o 14 de febreiro de 1894 en Chicago e finado o 26 de decembro de 1974 en Beverly Hills, foi un humorista e actor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Benny foi unha das personalidades estadounidenses do entretemento máis recoñecidas do século XX, permanecendo activo 39 anos tanto na radio, na televisión e no cine, os seus programas de radio e máis tarde de televisión foron inmensamente populares desde a década de 1930 ata a de 1960 e foron unha das influencias fundacionais da comedia de situación. Comezou a estudar o violín aos seis anos, e ese instrumento converteuse nun dos seus trazos característicos, a partir de 1911 tocábao en vodeviles da súa cidade natal e ao ano seguinte formou un dúo coa pianista Cora Salisbury. Participou na primeira guerra mundial onde adoitaba entreter ás tropas co seu violín, logo da guerra seguiu a actuar en vodeviles e en 1929 interveu no seu primeiro filme The Hollywood Revue of 1929, un dos primeiros filmes sonoros. Foi co programa Jack Benny Program cando se converteu nunha figura coñecida en todo o país, emitiuse na radio desde 1932 ata 1955 e na televisión de 1950 ata 1965.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jack Benny |