Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Jean Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean Rey
Biografía
Nacemento1583 Editar o valor en Wikidata
Le Bugue, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte1645 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Le Bugue, Francia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Montpellier Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, químico Editar o valor en Wikidata

Jean Rei, nado en Le Bugue (Dordoña) en 1583 e finado na mesma vila en 1645, foi un médico e químico francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou medicina na Universidade de Montpellier e despois practicou a medicina na súa cidade nativa, tivo correspondencia con René Descartes e Marin Mersenne. Descubriu que o peso do chumbo e do estaño aumentaba ó ser queimado, atribuíu este fenómeno ó peso de aire, xa que cría que era máis denso cando estaba quente (Essays, 1630) e que se introducía no estaño e no chumbo facendo que aumentase o seu peso. Esta hipótese sería confirmada máis adiante por Antoine Lavoisier, case un século máis adiante. O seu descubrimento do peso de aire tamén fixo posible a invención do barómetro de Evangelista Torricelli en 1643.