Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Jim Shapiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJim Shapiro
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
EducaciónLatin School of Chicago (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbatería Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoMinty Fresh (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: 3ec4dfe2-fba7-4053-88ec-13d489622c24 Discogs: 541137 Allmusic: mn0001217732 Editar o valor en Wikidata

James Gordon Shapiro, nado o 19 de marzo de 1965, é un músico estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Jim Shapiro é irmán da cantante e vocalista Nina Gordon e fillo de Robert Shapiro, antigo presidente da empresa multinacional de agricultura e biotecnoloxía Monsanto.

Foi o batería orixinal de Veruca Salt e co-escribiu a canción "Number One Blind" do seu debut, American Thighs de 1994. En 1997 deixou a banda despois de que o segundo disco, Eight Arms to Hold You, fose editado. Entón formou a súa propia banda chamada Ultraswiss, onde é o líder, guitarrista e vocalista, xunto co antigo baixista de Veruca Salt Steve Lack.

No debut en solitario de Nina Gordon Tonight and the Rest of My Life (2000), Jim Shapiro tocou o mellotrón e a guitarra, e en 2003 gravou Up Late With People con Rick Ness, para o seu proxecto Ness.

Actualmente é membro da banda Hushdrops.