Joe Fry
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1915 Chipping Sodbury, Reino Unido (en) |
Morte | 29 de xullo de 1950 (34 anos) Blandford Forum, Reino Unido (pt) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo |
Deporte | automobilismo Motociclismo |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Joseph Gibson Fry nado o 26 de outubro de 1915 en Chipping Sodbury e finado o 29 de xullo de 1950, no circuíto de Blandford foi un piloto de carreiras británico e membro afastado da familia do Chocolate FRY. Converteuse no principal impulsor do exitoso Shelsley Special "Freikaiserwagen", creado polo seu primo David Fry e Hugh Dunsterville, coa axuda de Dick Caesar. O coche orixinal foi construído en Bristol en 1936 e contaba cun motor Anzani que foi substituído en 1937 por un motor Blackburne.[1] Joe estableceu unha serie de marcas en subidas durante os anos finais da década de 1930 que inclúe unha marca absoluta non oficial en Prescott cando subiu en 47.62 segundos no Freikaiserwagen de 1100 cc, o 27 de agosto de 1938.[2]
Ao final da segunda guerra mundial Fry retomou as carreiras contra reloxo de montaña ou cronoescaladas, no Freikaiserwagen, logrando algún bo resultado.
Fry morreu ao volante do Freikaiserwagen na subida a Blandford de 1950, dous meses despois de pilotar un Maserati 4CL no Gran Premio do Reino Unido de 1950 en Silverstone. Raymond Mays dixo: "A morte de Joe Fry, polas feridas recibidas durante a práctica da subida a Blandford, foi un gran golpe para min e para o deporte do motor británico en xeral."[3]
Bibliografía
[editar | editar a fonte]O libro da historia completa do "Freikaiserwagen" chámase "Freik - The Private Life of the Freikaiserwagen" (Freik - A vida privada do Freikaiserwagen) de Rob e Hugh Dunsterville publicado en 2008 e reeditado en 2009. Só foron impresas 1000 copias.
Resultado completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Joe Fry | Maserati 4CL | Maserati 4 en liña | GBR 10* |
MON | 500 | SUI | BEL | FRA | ITA | NC | 0 |
- * Indica unidade compartida con Brian Shawe-Taylor
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joe Fry |