Joel Anthony
(2010) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Joel Vincent Anthony 9 de agosto de 1982 (42 anos) Montreal, Canadá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Dawson College (en) University of Nevada, Las Vegas (pt) Pensacola State College (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 208 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 111 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2007 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 30 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Joel Vincent Anthony, nado o 9 de agosto de 1982 en Montreal, Quebec, é un xogador profesional de baloncesto canadense que xoga nos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA). Mide 2,06 metros e xoga de pivote.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Anthony asistiu ao Pensacola Junior College antes do seu paso pola NCAA, onde en 2004 foi elixido no mellor quinteto da súa conferencia tras facer 9,0 puntos, 7,0 rebotes e 3,5 tapóns por partido. Ao ano seguinte pasou á Universidade de Nevada-Las Vegas, onde no seu único ano no equipo fixo 1,9 puntos, 2,7 rebotes e 1,6 tapóns, sendo o mellor do seu equipo neste último aspecto. O seu ano sénior non xogou, malia adestrar co equipo, ao ser o quinto ano que ía á universidade.
Profesional
[editar | editar a fonte]Non foi incluído no Draft da NBA, pero a pesar diso logrou o seu primeiro contrato coma profesional cos Miami Heat, onde na tempada 2007-08 tan só disputou uns poucos minutos en 24 partidos. Na tempada 2008-09, Anthony gozou de máis minutos de xogo, pero empeorou os seus rexistros de puntos e de rebotes con respecto á tempada anterior.
O 15 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre tres equipos, os Heat, os Golden State Warriors e os Boston Celtics. Os Heat mandaron a Anthony ós Celtics, e a cambio recibiron a Toney Douglas dos Warriors. Ademais, no mesmo traspaso, os Celtics mandaron a MarShon Brooks e a Jordan Crawford ós Warriors, recibindo a cambio unha futura elección protexida do Draft de Philadelphia que fora enviada a Miami nun traspaso anterior, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016 dos Heat.[1]
O 17 de outubro de 2014, Anthony foi traspasado ós Detroit Pistons a cambio de Will Bynum.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "HEAT Trade Joel Anthony in Exchange for Toney Douglas". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 15 de xaneiro de 2014.
- ↑ Detroit Pistons Acquire Center Joel Anthony
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Anthony en NBA.com (en inglés)
- Estadísticas de Anthony na NBA Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
- Vídeo de Anthony na súa etapa nos Rebels
- Estadísticas de Anthony na NCAA (en inglés)