Johan Zorro
En Lixboa sobrelo mar En Lixboa sobrelo ler Barcas novas mandei lavrar Barcas novas mandei fazer |
Johan Zorro foi un xograr galego ou portugués, de finais do século XIII, activo na corte de Afonso III ou máis probabelmente na de don Dinís. É autor de 11 textos: 1 cantiga de amor e 10 cantigas de amigo[1]. Semellante a Martín Codax ou a Paio Gómez Chariño, cantou principalmente temas relacionados co mar. Pénsase que dúas das súas cantigas foron compostas por orde do rei, por ocasión do lanzamento ao mar dalgunhas naves saídas dos estaleiros de Lisboa.
Zorro é infrecuente entre os poetas medievais por escribir sobre mares apouvigados e acalentados, no canto de océanos salvaxes e mortais. Nos seus poemas, os mariñeiros só se laian da perda dos seus fogares, namoradas etc.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.