John Stewart Bell
John S. Bell nado o 28 de xullo de 1928 en Belfast e finado o 1 de outubro de 1990, foi un físico coñecido por formular o teorema de Bell.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xuventude
[editar | editar a fonte]Bell naceu en Belfast, capital de Irlanda do Norte. Licenciouse en física experimental na Queen's University da mesma cidade en 1948. Obtivo o seu doutoramento en Birmingham, Inglaterra, como especialista en física nuclear e teoría cuántica de campos. A súa carreira comezou na Axencia Británica de Enerxía Atómica, en Malvern (parroquia civil), Gran Bretaña, e no Laboratorio Harwell. Despois de varios anos, trasladouse ao CERN. Traballou case exclusivamente en física teórica de partículas e deseño de aceleradores, pero a súa afección eran os fundamentos da teoría cuántica.
A desigualdade de Bell
[editar | editar a fonte]En 1964, escribiu un texto (ref. 1 p. 14) titulado On the Einstein-Podoslky-Rosen paradox (Sobre o paradoxo de Einstein-Podoslky- Rosen ). Neste traballo, mostrou algunhas características particulares do paradoxo EPR, derivando así da desigualdade de Bell, que se aplica en mecánica cuántica para cuantificar matematicamente as implicacións que se plantexan teoricamente no paradoxo EPR e así permitir a súa demostración experimental.
O teorema de Bell destaca o principio das causas locais (principio que postula que o que acontece nunha rexión do espazo non depende de variables controladas por un experimentador noutra rexión distante), e parece implicar que o noso universo é "non local", que non ten partes separadas (salvo pola nosa percepción) e que hai algunhas variables "non locais" descoñecidas.
O seu teorema demostrou que o principio das causas locais é incompatible coas predicións estatísticas da teoría cuántica.
Morte
[editar | editar a fonte]John S. Bell morreu inesperadamente en 1990 dunha hemorraxia cerebral. Os seus restos foron incinerados. A urna que contiña as súas cinzas foi enterrada no Columbarium do Cimetière de Saint-Georges en Xenebra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Burke, Philip G.; Percival, Ian C. (1999). "John Stewart Bell. 28 July 1928-1 October 1990". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society (en inglés) 45: 3–17. ISSN 0080-4606.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: John Stewart Bell |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Stewart Bell |
A Galicitas posúe citas sobre: John Stewart Bell |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil de MacTutor (Universidade de St. Andrews) Arquivado 01 de marzo de 2012 en Wayback Machine. .
- John Bell e o descubrimento máis profundo da ciencia (decembro de 1998) .
- The Most Profund Discovery of Science (setembro de 2006) Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. Arquivado o 27 de setembro de 2007.
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |