Joigny
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Borgoña-Franco Condado | ||||
Departamento | Yonne | ||||
Distritos | arrondissement of Sens (en) | ||||
Cantão francês (pt) | canton of Joigny (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.218 (2021) (197,51 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921487 Q114361113 | ||||
Superficie | 46,67 km² | ||||
Bañado por | Río Yonne | ||||
Altitude | 96 m-74 m-252 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 89300 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | ville-joigny.fr | ||||
Joigny é un concello francés situado no departamento do Yonne, que pertence á rexión da Borgoña.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Joigny atópase no centro do departamento do Yonne, a 27 km ao norte deAuxerre, a 30 km ao sur de Sens, a 75 km ao oeste de Troyes e a uns 140 km ao sueste de París. Pertencen ao concello uns 44,89 km², onde viven 10.032 persoas conforme o censo de 1999.
Historia
[editar | editar a fonte]Joigny foi ocupado dende o neolítico e tamén en época romana, onde recibía o nome de Joviniacum. En época merovinxia iníciase a construción dunha praza forte no século X, por orde de Raynard o Vello, conde de Sens, que suporá o nacemento da cidade actual. A data de fundación oficial é 996.
Pouco máis se sabe dela en varios séculos de historia (un incendio a asolou en 1530), dunha cidade que pertencía á rexión de Champaña. A economía agraria tradicional tiña unha estrela particular, o viño, que foi a fonte da riqueza de Joigny ata a aparición da filoxera. Coa creación dos departamentos trala Revolución Francesa, Joigny pasa a pertencer á rexión de Borgoña, co grao de subprefectura, que perde en 1926.
Durante a segunda guerra mundial sofre diversos bombardeos, particularmente o centro histórico (a praza Saint-Jean, a porta Saint-Jean e a Casa do Bailío, que tivo que ser recnstruída).
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]Joigny está irmandada coa cidade (alemá) de Mayen, coa inglesa de Godalming, coa estadounidense de Hanover, coa italiana de Amelia e coa tamén francesa de Joigny-sur-Meuse, que se atopa no departamento de Ardenas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Marcel Aymé, escritor nado en Joigny o 29 de marzo de 1902