Joik
Joik (tamén coñecido como yoik, luohti[1], vuolle[2], leu'dd[3] ou juoiggus[4] ) é un estilo de música tradicional vocal do pobo saami.
Características
[editar | editar a fonte]Orixinalmente, o termo joik facía referencia só a un tipo de canto saami, mais na actualidade emprégase para falar de tódolos tipos de canto tradicional saami. O joik está considerado como unha das tradicións musicais máis antigas de Europa[5] e o seu son recorda a certos cantos das culturas nativas americanas.
Historia
[editar | editar a fonte]Coa cristianización do pobo saami, o joik pasou a ser considerado como algo pecaminoso. As políticas de asimilación cultural en Noruega e a visión negativa por parte da igrexa contribuíron á súa desvalorización. Na década de 1950 estaba prohibido o canto joik nas escolas das áreas saamis. Pode que o motivo polo que o joik era controvertido era pola asociación que tiña cos rituais e a mitoloxía precristiáns, así como coa figura xamánica do noaidi.
Porén, o joik ficou fortemente enraizado na cultura e tradicións saamis, e conservouse até os nosos días. Na actualidade, continúa vivo na cultura saami e tamén se emprega como elemento da música contemporánea.
Cantantes de joik
[editar | editar a fonte]- Adjágas, grupo noruegués.
- Mari Boine, activista da cultura saami.
- Sofia Jannok, cantante sueca.
- Jonne Järvelä, cantante de Korpiklaani.
- Wimme Saari, cantante que mestura os joiks tradicionais con música electrònica.
- Ánde Somby, profesor de dereito saami na Universidade de Tromsø (especializado en Dereitos dos Indíxenas).
- Nils-Aslak Valkeapää, artista multidisciplinario.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ en saami setentrional
- ↑ en saami meridional
- ↑ en saami oriental
- ↑ en saami setentrional
- ↑ "Tradisjonell klassisk joik - Joik tradicional saami - Arbevirolas Luohti". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2008. Consultado o 23 de decembro de 2014.