José Antonio Camacho
(2011) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 8 de xuño de 1955 (69 anos) Cieza, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 174 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 75 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral e defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2000 | Eurocopa de 2000 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1988 | Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1986 | Mundial de Fútbol México 1986 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1984 | Eurocopa de Fútbol Francia 1984 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1982 | Mundial de Fútbol España 1982 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
José Antonio Camacho Alfaro, nado o 8 de xuño de 1955 en Cieza (Murcia), é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e actualmente adestra a selección de Gabón.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa carreira como futbolista empezou nos patios e nas rúas de Cieza, aos poucos foise curtindo e destacando entre os demais. Cando o pequeno José Antonio conta con seis anos de idade, trasládase xunto coa súa familia a Albacete. Durante esta etapa a familia pensou nunha volta á súa provincia natal e ata chegou a realizar unhas probas para poder entrar nas categorías inferiores do Real Murcia, pero os técnicos do club pimentonero decantáronse por outros rapaces aludindo que José Antonio era demasiado estreito de peito. A familia ao final decidiu permanecer na cidade manchega. As súas inquietudes futbolísticas de adolescente cristalizan aos dezaseis anos, xogando no Atlético Jareño (un equipo de Villanueva de la Jara, na provincia de Cuenca, a localidade da súa muller) e despois no equipo xuvenil do Albacete Balompié, onde se aliña como extremo esquerdo.
O nome do mozo José Antonio Camacho comeza a soar nos círculos futbolísticos do momento e o seleccionador nacional Héctor Rial reclámao para a Selección española xuvenil. A súa brillante actuación axúdalle a entrar no primeiro equipo do Albacete, que por aquel entón figuraba en Primeira Rexional.
A calidade técnica de José Antonio Camacho non pasa desapercibida para o Real Madrid e o Barcelona, que se interesan de inmediato pola nova promesa. Con todo, Camacho inclínase polo equipo branco e en marzo de 1973 o Real Madrid fíchao para o seu equipo filial, o Castilla. Na tempada 1973-74 debuta no primeiro equipo, da man de Luís Molowny, e rapidamente faise cun posto na defensa madridista. En xaneiro de 1978 sofre unha grave lesión durante un adestramento, pero tras dúas operacións e 20 meses de baixa consegue volver aos terreos de xogo, permanecendo sempre no Real Madrid ata a súa retirada ao finalizar a campaña 1988-89.
Como xogador destacou polas súas férreas marcaxes, anticipación e velocidade, pero o que lle fixo marcar unha época no Real Madrid e na Selección Española foi, sen dúbida, o seu espírito de sacrificio e entrega, o seu afán de vitoria e o seu carisma que contribuía especialmente ao traballo de equipo.
Disputou 414 partidos de Liga, todos eles co Real Madrid, marcou 9 goles e só foi expulsado unha vez.
Debutou coa selección española o 5 de febreiro de 1975 nun España-Escocia (1-1), chegou a vestir a camiseta nacional en 81 partidos, cifra que foi durante moito tempo marca absoluta de participacións, disputando os mundiais de 1982 e 1986 e as Eurocopas de 1984 e 1988.
Tras retirarse como futbolista comezou a súa carreira como adestrador no Rayo Vallecano, ao que logrou subir a Primeira División, e posteriormente dirixiu a Espanyol, Sevilla e Real Madrid (pero neste último caso dimitó antes de chegar a exercelo); chegou ao posto de seleccionador dirixindo ao combinado nacional na Eurocopa de 2000 e o Mundial de 2002, tras o cal renunciou ao cargo. Tras o seu paso pola selección adestrou ao Benfica, gañando unha Copa; e ao Real Madrid Club de Fútbol, deixando o cargo tras só 3 xornadas.
Durante a súa estancia como seleccionador español callou bos resultados, levando á selección española a xogar un moi bo xogo e chegando ata os cuartos de final no Mundial de Corea e o Xapón de 2002 onde a selección de Corea de Sur eliminou á española na quenda de penaltis tras unha polémica actuación arbitral. A pesar diso, obtivo o mellor resultado da selección na época moderna: un 5º posto que foi superado no Mundial de 2010.
Adestrou ao Club Atlético Osasuna, onde substituíu a José Ángel Ziganda a finais de 2008. [2]
Na tempada 2008/2009, como adestrador de Osasuna, consegue a permanencia do equipo navarro na máxima categoría tras unha difícil tempada no partido disputado no Reyno de Navarra contra o Real Madrid, que finalizou coa vitoria dos "rojillos" no marcador cun 2-1. Durante a tempada 2009/2010, Camacho volve conseguir o obxectivo e Osasuna sálvase sen ter que esperar á última xornada.
O 14 de febreiro de 2011 anunciouse a súa destitución como adestrador do CA Osasuna, sendo substituído por José Luis Mendilibar.[3]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Debutou o 5 de febreiro de 1975 fronte a Escocia. participou como xogador nos mundiais de España e México e nas Eurocopas de Francia e Alemaña.
Títulos
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]- 9 Ligas (1975, 1976, 1978, 1979, 1980, 1986, 1987, 1988 e 1989)
- 4 Copas de España (1975, 1980, 1982 e 1989)
- 2 Supercopas de España (1988 e 1989)
- 1 Copa da Liga (1985)
- 2 Copas da UEFA (1985 e 1986)
Como adestrador
[editar | editar a fonte]- 1 Copa de Portugal (2004)