Josefa García Segret
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Tui, España |
Morte | setembro de 1986 (85/86 anos) Oleiros, España |
Actividade | |
Ocupación | mestra |
Carreira militar | |
Lealdade | Segunda República Española |
Conflito | guerra civil española |
Familia | |
Cónxuxe | Hipólito Gallego Camarero |
Josefa García Segret, nada en Tui en 1900[1] e finada en Oleiros a principios de setembro de 1986[2], foi unha mestra e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestra en Tomiño. Casou con Hipólito Gallego Camarero. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detida o 15 de agosto, pasando un calvario de penalidades. Na prisión de Tui puido salvar a vida grazas á axuda do médico forense José Abraldes primeiro e do doutor Darío Álvarez Blázquez que simularon un embarazo de catro meses e logo un aborto sen feto. Xulgada en Vigo por rebelión o 7 de xaneiro de 1937, sendo defendida por José Queizán Hermida, foi condenada a pena de morte. Conmutada a pena por cadea perpetua, e despois novamente a 6 anos e un día en marzo de 1944. Estivo presa no cárcere de Saturrarán de febreiro de 1938 a xaneiro de 1941, en Palma de Mallorca, do 5 de xaneiro de 1941 ao 8 de agosto de 1943, en que foi trasladada novamente a Saturrarán; de onde saíu o 22 de marzo de 1944. Ao abandanar o cárcere, comezou a traballar no grupo de empresas de Regojo e a súa vida transcorreu entre Zamora e Redondela. Logo instalouse en Vigo. Escribiu o libro Abajo las dictaduras!! (1982).[3] Foi soterrada en Redondela.[4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Ten unha rúa adicada no barrio de Pontepedriña, en Santiago de Compostela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Garcia Segret, Josefa (1982). Abajo las dictaduras. Artes Graficas Galicia. p. pp. 57-9. ISBN 8430063862.
- ↑ La Voz de Galicia, 4-9-1986, p. 32.
- ↑ Imaxe da portada de Abajo las dictaduras!!
- ↑ La Voz de Galicia, 4-9-1986, p. 18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- José Ignacio Álvarez-Fernández (2007) Memoria y trauma en los testimonios de la represion franquista
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía e proceso e prisión en Galiciasuroeste.info