Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Joseph Goebbels

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoseph Goebbels

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Paul Joseph Goebbels Editar o valor en Wikidata
29 de outubro de 1897 Editar o valor en Wikidata
Rheydt, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte1 de maio de 1945 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Führerbunker, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, ferida por arma de fogo
intoxicación por cianuro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaEhle (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Chanceler do Reich
30 de abril de 1945 – 1 de maio de 1945
← Adolf HitlerLutz Schwerin von Krosigk (pt) Traducir →
Reich Minister for Public Enlightenment and Propaganda (en) Traducir
13 de marzo de 1933 –
Gauleiter (pt) Traducir Berlín
9 de novembro de 1926 – 1 de maio de 1945
← Ernst Schlange (pt) TraducirSupresión do cargo →
Membro do Reichstag da Alemaña nazi
Parlamentario da República de Weimar
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatólico non practicante Editar o valor en Wikidata
EducaciónRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
Universidade de Freiburg im Breisgau
Universidade de Heidelberg - doutoramento
Universidade de Würzburg Editar o valor en Wikidata
Director de teseMax von Waldberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,65 m Editar o valor en Wikidata
Peso63 kg Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCastaño escuro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXermanística e historia Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Berlín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, propagandist (en) Traducir, demagogo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresMax von Waldberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMagda Goebbels (1931–1945) Editar o valor en Wikidata
ParellaLída Baarová Editar o valor en Wikidata
FillosHelga Susanne Goebbels
 () Magda Goebbels
Hildegard Traudel Goebbels
 () Magda Goebbels
Helmut Christian Goebbels
 () Magda Goebbels
Holdine Kathrin Goebbels
 () Magda Goebbels
Hedwig Johanna Goebbels
 () Magda Goebbels
Heidrun Elisabeth Goebbels
 () Magda Goebbels Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Goebbels, Joseph, 1897-1945,
Encyclopedia of Modern Ukraine (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0324305 BNE: XX950021 iTunes: 217725681 Musicbrainz: d99b03a4-fa7d-4a17-af50-b0d195d28f92 Discogs: 1568862 WikiTree: Goebbels-5 Find a Grave: 6656 Editar o valor en Wikidata

Paul Joseph Goebbels, nado en Rheydt, hoxe Mönchengladbach (Imperio Alemán), o 29 de outubro de 1897 e finado en Berlín o 1 de maio de 1945, foi un político, xornalista e escritor alemán, amais dun dos máis importantes xerarcas nazis. Foi Ministro de Propaganda no Terceiro Reich de 1933 a 1945, Gauleiter de Berlín desde 1926 a 1945 e, logo do suicidio de Hitler o 30 de abril de 1945, foi durante algunhas horas Chanceler do Reich. As súas innovadoras, brillantes e prexudiciais técnicas de propaganda foran un dos factores que permitiran ao Partido Nacionalsocialista o ascenso ao poder na Alemaña de 1933.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutor en filosofía, xornalista e novelista, afíliase ao NSDAP (Partido Nacional Socialista Alemán dos Traballadores) dirixido por Adolf Hitler desde 1922. É un dos achegados ao Führer desde 1926, logo dun período máis separado, especialmente a causa do apoio financeiro por parte dos industriais alemáns a Hitler, o que chocaba coas ideas « anticapitalistas » de Goebbels e da áa esquerda do NSDAP. Mais Hitler chegou a distancialo dos irmáns Gregor e Otto Strasser e da corrente « communista » facéndolle ler capítulos de Mein Kampf consagrados á propaganda. Gauleiter de Berlín desde 1926, é elixido nas eleccións lexislativas de maio de 1928, voltándose así nun doce primeiros deputados do NSDAP que sentan no Reichstag.

« Nós entramos no Reichstag […] como lobos nun curro. », escribe en Angriff, o xornal que fundara en 1927.

Casa con Johanna Maria Magdalena Behrend (máis coñecida como Magda Goebbels) o 19 de decembro de 1931. Grazas ao Terceiro Reich, a propaganda fai de Magda Goebbels o modelo de esposa e de nai de familia da Alemaña nazi. Porén, Goebbels entre 1936 e 1938, fai achego cunha actriz checa, Lida Baarova. Parece que se debeu á insistencia de Hitler que o matrimonio non se separase.

O 11 de marzo de 1933, Hitler nomeao ministro de Información e de Propaganda en vista do seu talento como orador e retórico. O seu rol é moi importante no artellamento da ditadura nazi e na difusión dos lemas de orde. Segundo Goebbels: «o ideal é que a prensa sexa organizada con tal finura que de calquera xeito sexa un piano no que poida tocar o goberno» e «a crítica só está autorizada a aqueles que non teñen medo de ir a un campo de concentración».

É o seu ministerio o que rexe e censura a prensa escrita, a radio, o cinema, a arte… Grazas ao impulso de Goebbels, os medios modernos de comunicación son desenvolvidos considerablemente : radio, informativos cinematográficos e inclusive televisión (desde 1935).

  • O 21 de marzo de 1933, é el quen organiza a Xornada de Potsdam, pouco antes da votación da lei de plenos poderes polo Reichstag, pola cal Hitler obtén o apoio do Zentrum contra eventuales garantías constitucionais que non se executarán xamais.
  • O 10 de maio de 1933, 20.000 libros son queimados na praza da Ópera de Berlín ;
  • Desde setembro de 1933, unha lei obriga a afiliarse a unha Reichskulturkammer (cámara nacional da cultura) para poder exercer unha profesión artística ou a de redactor xefe dun xornal. Como tal afiliación esta prohibida os « non-arios », estas profesións quedan dese modo reservadas só para arios.

Comeza a emigración de numerosos intelectuais.

Goebbels está constantemente na cabeza da radicalización do réxime contra os xudeus. Antes da guerra, por exemplo, cando da Noite de cristal, da que aparece como o principal instigador.

Non hesita en facer figurar seus propios fillos nun filme de 1939 destinado a xustificar a política de eutanasia con enfermos. Comportamento asombroso, máis sabendo que Goebbels mesmo estaba afectado por unha tara xenética que o facía coxear (librara do servizo militar por ese motivo).

Moi achegado a Hitler, ao que dedicaba unha admiración sen límites, Goebbels xoga un papel determinante en Berlín no fracaso do complot do 20 de xullo de 1944 contra Adolf Hitler.

Convértese inmediatamente despois en «plenipotenciario para a guerra total» en xullo do 1944. Segue ao seu Führer ata os últimos días do Terceiro Reich. O ministerio de Propaganda, ao servizo da « santa cruzada do século XX contra o bolxevismo», mobiliza as tropas alemás e o resto da poboación a medida que a situación militar se deteriora. É directamente responsábel das Volkssturm, tropas de reserva compostas de adolescentes e de anciáns.

Logo do suicidio de Hitler na tarde do 30 de abril, é chanceler durante ese 30 de abril e o 1 de maio. Os seus derradeiros intentos consisten en tencioar contactar cos rusos que están na Zimmerstrasse, non lonxe do búnker, probando a pór en marcha un teléfono paraà comunicar cos Soviéticos. Busca entón negociar un armisticio, mais non atinxe a comunicarse directamente coas autoridades rusas.

Refugando de xeito categórico unha rendición sen condicións, Goebbels suicídase no serán do 1º de maio de 1945, xunto a súa esposa Magda, logo de matar os seus fillos con idades entre 4 e 12 anos, envelenándoos con cianuro. Como Hitler, o seu corpo é parcialmente queimado polos axudantes da chancelería.

Algunhas obras

[editar | editar a fonte]
  • Das kleine A.B.C. des Nationalsozialisten (1925) (Breve ABC do Nacionalsocialismo)
  • Die zweite Revolution (1926) (A segunda Revolución)
  • Wege ins dritte Reich (1927) (Camiño do Terceiro Reich)
  • Vom Kaiserhof zur Reichskanzlei (1934) (Da Corte do Káiser á Chancelería do Reich)
  • Kampf um Berlin (1934) (Loita arredor de Berlín)
  • Signale der neuen Zeit (1934) (Sinais da nova Era)
  • Die Zeit ohne Beispiel (1942) (Época sen modelos)
  • Das eherne Herz (1943) (O corazón de ferro)
  • Der steile Aufstieg (1944) (A áspera ascensión)


Predecesor:
Adolf Hitler
 
Reichskanzler do Terceiro Reich
 
1945
Sucesor:
Lutz Schwerin von Krosigk